CILANTRO (Coriandrum sativum)

 

Esta curiosa planta é coñecida de diferentes maneiras: perixel chino (denominamos así a planta), cilantro (cando usamos as follas) ou coriandro (cando usamos as sementes).

CARACTERÍSTICAS:

Sementar a un centímetro de profundidade, cando a terra teña unha temperatura superior a 10ºC. Xerminará en unha semana.
Colocar a pleno sol ou semisombra, e regar moderadamente.
Sementar en zonas frías dende a última xeada ata o outono e, en zonas cálidas, no outono.
pH óptimo 6-7.
Ten poucas necesidades de nutrientes.
Gustalle ser veciña do tomate, pero non do fiuncho.

 


 

PLANTACIÓN:

Antes da plantación engadir compost a terra. Despois semente e cubra con cobertura para manter a humidade. Pode sementarse cada dúas semáns para manter a produción ata o fin do vran.

Hai que consumilo fresco cortando a planta cando ten uns 20 cm. de altura. Si o que desexa é obter as sementes deixe que a planta forme as umbrelas, que maduren e adquiran unha cor marrón. Nese momento hai que cortalas e colocalas boca abaixo dentro dunha bolsa e deixalas nun lugar quente e seco. Ao cabo dunha semán as sementes caeran ao fondo.

 


 

CAPACIDADE XERMINATIVA

As sementes ecolóxicas teñen unha duración de 5 anos.