AVEA (Avena sátiva)

Pertence á familia das podáceas

É unha planta herbácea anual da familia das gramíneas. Adoita alcanzar un metro e medio de altura. O gran, que chega a alcanzar unha lonxitude de 1,5 cm. é alongado e estreito. Ten unhas raíces reticulares potentes, abundantes e profundas que lle permiten aproveitar ben os nutrientes sen necesidade de achegar demasiados fertilizantes.

Non resiste moi ben o frío polo que adoita sementarse a comezos da primavera, para obterse a finais do verán. É moi sensible á seca, necesitando unha boa achega de auga.

De todos os cereais é un dos máis valorados polas súas magníficas propiedades enerxéticas e nutritivas, desprazando mesmo o millo. Foi a base da alimentación de numerosos pobos e civilizacións, despois de encontrarse en Asia e en Exipto, así como en Escocia e Irlanda.

A avea é rica en proteínas, hidratos de carbono, graxas e numerosas vitaminas, minerais e oligoelementos.

Cada 100 gramos de avea achegan:

            • 335 calorías

            • 12 gramos de proteína

            • 60 gramos de hidratos de carbono

            • 6 gramos de fibra

            • 7,1 gramos de graxa

            • 79,6 mg de Calcio

            • 5,8 mg de Ferro

            • 0,52 mg de tiamina

As súas proteínas non conteñen aminoácidos esenciais como a lisina e a treonina, pero si unha boa cantidade de metionina polo que se se consume con verduras ou leite, é un alimento proteico case ideal, similar á carne ou o peixe.

 

 Graxas:

A avea é o cereal con maior porcentaxe de graxa vexetal. Contén un 65% de ácidos graxos insaturados e un 35% de ácido linoleico (omega-6). Cen gramos de folerpas de avea proporciónannos un terzo das nosas necesidades diarias de ácidos graxos esenciais.

 

 Hidratos de Carbono:

A avea contén especialmente amidón e algo de frutosa e fibra, proporcionando unha enerxía de absorción lenta, proporcionando enerxía durante moito tempo e evitando a sensación de fatiga.

 

Vitaminas, minerais e oligoelementos:

A avea é rica varios elementos. 100 g de avea conteñen:

            • 5mg. de sodio

            • 400mg. de potasio

            • 70mg. de calcio

            • 430mg. de fósforo

            • 140mg. de magnesio

            • 4mg. de ferro

            • 0,47mg. de cobre

            • 4mg. de cinc

            • 0,56mg. de vitamina B1

            • 0,15mg. de vitamina B2

            • 1mg. de vitamina B3

            • 0,16mg. de vitamina B6

            • 1,1mg. de vitamina E

 

 Fibra:

Contén dous tipo de fibra: a insoluble que lubrifica e suaviza o tracto intestinal e evita o estrinximento, e fibra soluble que axuda a reducir o colesterol, especialmente se consumimos poucas graxas saturadas (carne, queixos moi curados, leite entera,…).

 

Consumo:

Consumilo en folerpas, con leite ou iogourt e algo de farelo é o mellor xeito de aproveitar as súas calidades nutritivas.

Pódense cocer as folerpas con leite ou caldo de verduras para preparar albóndegas vexetais, sobremesas, ou o típico almorzo escocés coñecido como porridge, e que se prepara engadindo catro culleradas sopeiras de folerpas de avea (que teremos deixado a remollo pola noite) a medio litro de auga fervendo, e deixando cocer a pouco lume durante uns 15 minutos. Logo pódese consumir con leite ou con mel.