_

   XUÑO   




Florecen as patacas. Hai unha elevación notable das temperaturas; isto, unido á humidade aínda persistente, especialmente se a primavera foi chuviosa, fai que a nosa horta precise de continua atención: haberá que plantar, trasplantar, recoller …, ou sexa, que haberá que facer o que máis nos gusta pero sen esquecer que estas condicións de humidade e temperatura tamén son excelentes para o desenrolo de insectos, fungos, bacterias, malas herbas, etc.,... aos que lles haberá que prestar unha atención especial.

TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
 Árbores

 

 

  • Eliminar as polas que xa floreceron.
  • Recortar os sarmientos das trepadoras.

 

 

  No campo
  • Labrar as terras.
  • Segar a herba.
  Na horta
  • Sementar as moreiras e o indicado máis abaixo.
  • Inxertar cítricos, figueiras, castiñeiros, melocotóns, almendros.
  • Trasplantar coles, xudías, leitugas e apio.
  • Desmochar chícharos e melóns trepadores.
  No xardín
  • Plantar xeranios.
  • Sementar anémonas, caraveis, ranúnculos, xacintos e tulipáns.
  • Plantar xeranios



LÚA MINGUANTE
  No xardín
  • Sementar gladiolos e amarilis.
  • Acodar as camelias.
  No campo
  • Eliminar sarmientos inútiles das viñas.
  • Segar.
  Na horta
  • Escardar.
  • Recolectar hortalizas.
  • Regar
  • Colocar a secar allos e cebolas.
  • Recolectar o mel
  En xeral
  • Recortar sebes.
  • Recoller sementes.


A partir destas datas e durante todo o verán, sobre todo cando vai moita calor, é recomendable traballar a primeiras horas da mañá para non nos expoñer excesivamente aos raios do sol. Esas primeiras horas ofrecen unhas temperaturas moi agradables e o fermoso espectáculo do espertar da Natureza co resío cubrindo a horta, os primeiros chíos dos paxaros, os aromas emerxentes,... Estas horas son ótimas para a rega, pero tendo conta de non mollar as follas.

Como estamos nunha época de gran crecemento vexetativo, imos empezar a recoller materia orgánica para ir preparando o compost.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Acelgas, Achicoria, Alfábega, Apio, Cabaciños, Cabazas, Endivias, Escarolas, Fiollo, Xudías, Leitugas, Millo, Nabos, Cogombros, Perexil, Porros, Ravos, Remolacha vermella, Cenorias.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Endivia amarela, Brócoli, Coles de Bruxelas, Coliflores, Escarolas, Leitugas, Repolos para colleitar no outono-inverno, Acelgas, Brócoli, Espinacas.