XULLO   




Xullo é unha das mellores épocas na nosa horta, xa que é o momento de máxima recolleita do froito do noso traballo; con todo, cómpre seguirlle prestando atención á calor, que pode chegar a ser agobiante.

TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Segar.
  • Eliminar polas en castiñeiros, viñas e árbores novas.
  Na horta
  • Sementar as hortalizas ind¡cadas máis abaixo.
  • Enxertar cítricos.
  • Cortar as flores das cebolas.
  • Recoller froitas.
  No xardín
  • Cortar as puntas dos sebes.
  • Plantar os ranúnculos, xacintos, rosas, amarantos, caléndulas, crisantemos...



LÚA MINGUANTE
  No campo
  • Labrar a terra onde estiveron as leguminosas.
  Na horta
  • Recoller sementes.
  • Escardar os amorodos.
  • Transplantar porros, cabaciños, melóns, tomates e berenxenas.
  • Eliminar a grama.
  En xeral
  • Recolectar sementes.
  • Escardar as plantacións.
  • Colocar titores.


Cando trasplantemos os nosos sementeiros, convén que o fagamos á tardiña, para evitarlles ás plantas un estrés excesivo. Será aínda mellor se as protexemos chantándolles ramas darredor, para achegarlles unha pouca sombra durante os primeros días.

Para aproveitar a auga ao máximo e minimizar riscos, imos manter unha gran densidade de plantas, substituíndo as que consumamos por outras novas que manteñan o solo tapado. Ademáis, podemos utilizar unha cobertura de follas que van aportar novos nutrintes, van axudar a conservar a auga mantendo a terra máis fresca e van dificultar o crecemento das herbas non desexadas.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Acelgas, Alfábega, Apio, Berros, Cabaciños, Cabazas, Endivias, Escarolas, Espinacas, Fiollo, Xudías, Leitugas, Millo, Nabos, Cogombros, Perexil, Porros, Ravos, Remolacha vermella, Cenorias.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Endivia amarela, Brócoli, Cebolas, Espinacas.

Temos que ir trasplantando as plantas dos sementeiros, mantendo a terra sempre produtiva.

Non deixedes de prestar atención ás posibles enfermidades das vosas plantas e aos seus depredadores.