XANEIRO  




Neste mes, malia os fríos, a choiva e as intensas xeadas, temos que ir plantando numerosas hortalizas, ben en sementeiros de cama quente ben ao aire libre, protexidos ou sen protección.


TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Preparar a terra para a primaveira extendendo e enterrando o esterco. Facelo coa terra seca.
  • Quitar as herbas competidoras.
  • Cortar a leña.
  • Sementar as castañas.
  Na horta
  • Sementar os osos de froitas nas macetas.
  • Enxertar aveleiros.
  • Acodar nísperos.
  No xardín
  • Na terra sementar: crisantemos, begonias, capuchinas, salvia, primaveras e azaleas.
  • Facer esquexes de buganvillas, gardenias, begonias e parra virxe.
  • Poñer as plantas máis débiles á luz.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Sementalas en pleno repouso.
  • Podar e eliminar as partes secas.
  Roseiras
  • Sementalas se non teñen ningunha actividade vexetativa.
  No campo
  • Podar as viñas e as árbores.
  • Preparar titores para as viñas e colocar defensas contra os vermes.
  Na horta
  • Transplantar as plantas de horta sementadas no outono.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  En xeral
  • Vixiar as colmeas para protexelas dos ratos.
  • Elaborar manteiga e queixo.
  • Regar as plantas de macetas nas horas cálidas.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Allos, Acelgas, Cebolas, Endivias, Perexil, Ravos pequenos, Cenorias, Patas de espárragos, Chícharos.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS DE CAMA QUENTE:
Tomates, Berenxenas, Melóns, Cogombros, Pementos, Cabazas, Chicoria, Cabaciños, Sandía.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:
Porros, Escarolas, Fabas, Leitugas, Alcachofas, Amorodos, Apio, Coles, Coliflor de primavera.