OUTUBRO   



Xa estamos no outono. Con el remata o ciclo vexetativo de moitas plantas, máis a nosa labor continúa. Debemos protexer a terra cunha boa cobertura para que manteña a súa estrutura durante o próximo inverno. Poderemos utilizar as abundantes follas caídas coa chegada do outono, pero tamén as poderemos substituir por palla, cartón, etc.

Polo xeral é un mes de mal tempo, con choivas, vento e néboas.

TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Sementar trigo, avea, cebada, centeo e liño.
  • Preparar os acodos.
  • Sementar todo tipo de setos.
  Na horta
  • Sementar espinacas, cebolas e maceiras.
  • Plantar espárragos, alcachofas e plantas aromáticas.
  • Cambiar de maceta os cítricos.
  • Plantar groselleiros.
  No xardín
  • Na terra sementar: caraveis, violetas, tulipáns e xazmíns.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Plantar as árbores de raíz desnuda para que poidan crear o seu sistema radicular.
  • Podar e eliminar os talos secos dos arbustos de flor.
  Roseiras
  • Podalas para frenar a súa actividade.
  No campo
  • Recoller as castañas.
  • Despois da vendimia recortar as polas vellas.
  Na horta
  • Cortar as polas secas dos espárragos.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  • Recoller as cabazas.
  En xeral
  • Limpiar as colmeas.
  • Limpiar e desinfectar os invernadoiros.
  • Recoller as follas.


Hai plantas capaces de resistir os rigores da invernía, aínda que a súa velocidade de crecemento se vexa reducida; por iso debémolas ir plantando con vistas ás primeiras colleitas da primavera.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Espinacas, Endivia vermella, Allos, Chícharos, Tirabeques, Fabas, Lentellas, Leitugas, Ravos, Porros, Amorodos (estolóns), Col de Milán, Repolos, Brócoli.


SEMENTAR EN SEMENTEIRO EXTERIOR:
Leitugas.