NOVEMBRO   




Remata a tempada de máxima produción e chegan a chuvia e o frío. Se sempre é importante manter a terra protexida, na época outoniza (e no inverno xa cercano) aínda o é máis, para evitar que se desestruture por efecto dos axentes atmosféricos. Sobre todo en caso de chuvias abundantes, pódense orixinar graves erosións e perda de nutrintes por lixiviación. Asemade, o descenso das temperaturas ralentiza a acción microbiana. Para mitigar ao máximo o efecto da chuvia e o frío, recubrimos os nosos bancais con follas procedentes das carballeiras e soutos próximos.


TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Plantar árbores, setos e viñas.
  • Xuntar o esterco para a primaveira.
  • É a mellor época para os acodos.
  Na horta
  • Sementar groselleiros e aromáticas.
  No xardín
  • Sementar roseiras, trepadoras e bulbos de tulipáns.
  • Podar a ras do chan as roseiras.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Sementar os exemplares de raís desnuda.
  • Podar sen medo pois o frío impide o desenrolo dos grumos.
  Roseiras
  • Sementar os exemplares de raíz desnuda.
  No campo
  • Eliminar as ramas secas das viñas e as árbores.
  Na horta
  • Atentos para protexer as hortalizas máis febles.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  En xeral
  • Recoller follas e polas.
  • Limpar as árbores de liquenes e musgos.
  • Colocar titores as plantas que os necesiten.
  • Deixar as abellas en repouso.
  • Afloxar a terra onde nos teñades plantacións para mellorar a acción dos axentes atmosféricos.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Alcachofas, Allos, Centeo, Chícharos, Espinacas, Escarolas, Fabas, Leitugas, Ravos pequenos, Amorodos (plantas), Borraxa.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS DE CAMA QUENTE:
Cenorias, Endivias.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Cebolas, Coles.