MARZO   



Xa estamos na primaveira. As temperaturas xa empezan a subir, e poderemos ir facendo sementeiros dalgunhas especies ao aire libre, sen protección.
A lúa nova e a lúa chea axúdannos a previr o tempo vindeiro; observar as tendencias cara a humidade, a seca, ou como será o tempo.

TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Plantar os esquexes das viñas e moreiras.
  • Podar e inxertar as árbores.
  • Sementar o céspede.
  • Sementar os bulbos de flores.
  Na horta
  • Trasplantar a ruda, a salvia, o romero e os amorodos.
  • Aporcar os espárragos.
  No xardín
  • Sementar os amarilis, begonias, clivias, crisantemos, dalias gladiolos, lilas e azucenas (salvo a branca)



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Plantar as derradeiras árbores a raíz desnuda.
  Roseiras
  • Sementar exemplares con cepellón, e podar as variedades reflorecentes.
  No campo
  • Podar as árbores: maceiras, perais, salgueiros e todas as especies que non estean atacadas polos vermes.
  • Arar o campo.
  • Escardar os viñedos.
  Na horta
  • Sementar e trasplantar as hortalizas.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  • Aporcar os espárragos e os allos.
  • Podar as figueiras a ras do chan.
  En xeral
  • Limpar ben os regueiros.
  • Visitar e limpar as colmeas.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Allos, Fabas, Espinacas, Chirivías, Nabos, Patacas, Ravos pequenos, Cenorias, Xudías, Patas de espárragos, Sandías, Remolachas,  Cardos, Brócoli, Cogombros, Chicoria, Cebolas, Leitugas de verán, Lentellas.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS DE CAMA QUENTE:
Alfábega, Anís, Hortelá (Herbaboa), Ourego.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:
Berenxenas, Cabazas, Melóns, Cogombros, Pementos, Tomates, Axedrea, Anís, Coentro (cilantro), Comiño, Hortelá, Perexil.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Acelgas, Apionabos, Cebolas, Berros, Batatas, Coliflores, Coles de Bruxelas, Escarolas, Leitugas, Lombardas, Repolos de verán.