MAIO   

 



Estamos en plena primaveira coa horta ao máximo rendemento, polo que o traballo se multiplica: regar, trasplantar, quitar herbas ... En maio o tempo é máis chuvioso que soleado.

Qué podemos facer?

 

 TRABALLOS XERAIS

 



LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Sementar as xudías e as viñas.
  • Inxertar as viñas.
  • Sementar os bulbos de flores para o vran e outono (dalias, begonias, nardos, ...).
  Na horta
  • Poñer tutores as xudías.
  • Trasplantar porros, coles, cebolas, achicorias e tomates.
  • Sementar cabazas e melóns.
  • Inxertar figueiras, castiñeiros, melocotoneiros, maceiras, e árbores da familia das rosáceas.
  • Recolectar chícharos, espárragos, amorodos, allos,.. que foron sementados no outono.
  No xardín
  • Esquexar os crisantemos tomando os segmentos terminais duns 15 cm.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Eliminar chupóns e vástagos que medran no tronco.
  • Cortar os brotes que medran por riba das flores.
  Roseiras
  • Sementar exemplares con cepellón, e podar as variedades reflorecentes.
  No campo
  • Arar a terra.
  • Segar a cebada.
  • Arrancar os nabos.
  Na horta
  • Escardar as xudías, fabas, allos e cebolas.
  • Sementar endibias, berenxenas, nabos, remolachas e rabos.
  En xeral
  • Limpar follas e brotes, eliminado os pulgóns.
  • Controlar as herbas competidoras.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Acelgas, Fabas, Coles, Escarolas, Melóns, Cacahuetes, Cabaciños, Cabazas, Endivias, Chícharos, Fiollo, Xudías, Lentellas, Leitugas, Nabos, Cogombros, Perexil, Pementos, Porros, Ravos, Remolacha vermella, Sandías, Tomates, Cenorias, Hortelá, Allos, Chicoria, Berros, Apio.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Endivia amarela, Brócoli, Coles de Bruxelas, Coliflores, Lombarda, Leitugas, Repolo serodio, Cabaciños, Melóns, Cogombros, Porros.


REGA

A subida da temperatura fai que se incremente a actividade dos parásitos, polo que se aconsella ter sumo coidado coa rega e non mollar as follas das plantas. A mellor hora para regar será cando descenda a temperatura, é dicir: pola noite ou, aínda mellor, pola mañá cedo.

O mellor sistema de rega é a banda humectante, que leva a auga directamente á raíz sen mollar as follas nin a superficie da terra, de xeito que a proliferación de herbas se reduce considerablemente.

Para apoiar a rega, e a fin de manter o microclima do solo, é aconsellable unha boa cobertura, duns 4 ou 5 cm, formada por follas, palla ou herba seca.