FEBREIRO   



Continúan os fríos,  pero podemos seguir plantando numerosas hortalizas, ben en sementeiros de cama quente ben ao aire libre, protexidos ou sen protección.

TRABALLOS XERAIS:




LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Hai que preparar a terra para sementar, ou resementar, a herba. Rastrelar, airear e pasar o rulo.
  • Pasar o arado, coa terra seca.
  • Podar os viñedos.
  • Facer os acodos.
  Na horta
  • Sementar o indicado máis abaixo.
  No xardín
  • Sementar en cama quente: begonias, crisantemos, fucsias, glicinias, primaveras e capuchinas.
  • Sementar as rosas.
  • Acodar as gardenias.
  • Facer esquexes de begonias, pasionaria, parra virxe e dalias.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Sementalas en pleno repouso.
  • Podar se non hai perigo de xiadas.
  • Recoller as xemas e conservalas en frío para inxertar na primaveira.
  Sebes
  • Podar os caducifolios.
  No campo
  • Fertilizar o campo.
  • Podar viñas e árbores, escardando os arredores.
  Na horta
  • Enxertar os frutais.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  En xeral
  • Preparar os prados para sementalos e protexer os produtos almacenados contra a humidade e os insectos.
  • Ordear as sementes e revisar as ferramentas.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Allos, Patas de espárragos, Allos tenros, Ravos pequenos, Remolacha vermella, Cenorias, Amorodos, Perexil.

SEMENTAR SEMENTEIROS DE CAMA QUENTE:
Berenxenas, Alfábega, Chirivías, Tomates, Porros, Alcachofas, Endivias, Coles, Cogombros, Melóns, Pementos, Apio, Cabaciños.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:
Acelgas, Escarolas, Leitugas, Porros, Berenxenas.