AGOSTO   




A diferencia fundamental co mes de xullo radica en que, aínda que continúan as altas temperaturas e aparecen as características tormentas da fin do vran, os días empezan a facerse máis curtos e na horta os verdes intensos van dando paso a tonalidades máis amareladas en numerosas hortalizas. Entramos nas datas de maior crecemento e xerminación.


TRABALLOS XERAIS:





LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Labrar o campo.
  • Inxertar cítricos.
  • Escardar viñas e moreiras.
  Na horta
  • Recoller froitos.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  • Trasplantar os amorodos.
  No xardín
  • Recoller bulbos.
  • Sementar anémonas, calas, clivias, ranúnculos e violetas.
  • Trasplantar os esquexes dos xeranios.



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Podar os que acabaron de florecer.
  Roseiras
  • Podar os que non refloreceron para axudalos no descanso vexetativo.
  No campo
  • Segar.
  • Podar a viña si é vigorosa.
  Na horta
  • Recoller froitos.
  • Sementar as especies indicadas máis abaixo.
  • Atar e aporcar os cardos.
  • Escardar os amorodos.
  En xeral
  • Escardar a viña con frecuencia.
  • Recoller froitos estropeados.
  • Regar o compost para que nos se quente demasiado.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Acelgas, Endivias, Berros, Borraxa, Cabaciños, Escarolas, Espinacas, Xudías, Leitugas, Nabos, Ravos, Remolacha vermella, Cenorias.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Cebolas, Coles, Leitugas, Brócoli, Berros, Perexil.