ABRIL   



Xa preto da primaveira, soben as temperaturas e comeza a actividade máis intensa.

TRABALLOS XERAIS




LÚA  CRECENTE
  No campo
  • Plantar os esquexes das viñas e moreiras.
  • Podar e inxertar as árbores.
  • Sementar o céspede.
  • Sementar os bulbos de flores.
  Na horta
  • Trasplantar a ruda, a salvia, o romero e os amorodos.
  • Aporcar os espárragos.
  No xardín
  • Sementar os amarilis, begonias, clivias, crisantemos, dalias gladiolos, lilas e azucenas (salvo a branca)



LÚA MINGUANTE
  Árbores
  • Plantar as derradeiras árbores a raíz desnuda.
  Roseiras
  • Sementar exemplares con cepellón, e podar as variedades reflorecentes.
  No campo
  • Podar as árbores: maceiras, perais, salgueiros e todas as especies que non estean atacadas polos vermes.
  • Arar o campo.
  • Escardar os viñedos.
  Na horta
  • Sementar e tranplantar as hortalizas.
  • Sementar as hortalizas indicadas máis abaixo.
  • Aporcar os espárragos e os allos.
  • Podar as figueiras a ras do chan.
  En xeral
  • Limpar ben os regueiros.
  • Visitar e limpar as colmeas.


SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:
Avea, Cabaciños, Cardos, Chirivías, Espinacas, Escarolas, Xudías de enrame, Millo, Nabos, Allos, Espárragos, Acelgas, Cebolas, Amorodos, Patacas, Ravos pequenos, Remolachas, Cenorias, Axedrea, Anís, Hortelá, Fiollo, Perexil, Porros, Espinacas, Tomiño, Verdolaga, Cabazas.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:
Cabazas, Cabaciños, Pementos, Melóns, Cogombros, Tomates.

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:
Acelgas, Apios, Coles, Leitugas, Anís, Apio, Hortelá, Macela, Manxerona (mejorana), Ourego, Romeu, Perexil, Xarxa (salvia), Tomiño.