PEREIRA (Pyrus communis)

 

CLIMA

Prefire os climas mornos ou frescos e resisten mellor o frío que os rigores da calor. Convenlles mesmo o parón invernal das zonas frías para liberarse de parasitos e enfermidades.


CHAN

Gústanlle os chans fértiles e amolecidos, que drenen ben xa que non soportan o encharcamento das raíces. Por esta razón unicamente haberá que regalos en zonas ou épocas moi secas.


REPRODUCIÓN

Pódense reproducir por sementes, aínda que máis habitual é recorrer ao enxerto, podendo utilizar como portaenxerto o pé nacido de semente. En Galicia é habitual enxertalo sobre o espiño albar que orixina árbores de rápida frutificación, aínda que de vida curta (uns 20 anos). Tamén podería enxertarse sobre pé de marmeleiro. Os enxertos adoitan realizarse en escudo.


PODA

Na pereira as xemas do ápice son sempre de madeira, mentres que as que darán lugar a froitos están a metade das ramas.


PROBLEMAS

Os seus principais problemas xunto ao exceso de humidade, son a antracosis, o chancro, a roia, o moteado, o carbón da pereira, a carcocapsa e o gurgullo do peral.También é posible encontrar, nos brotes novos, colonias de pulgóns.