MELOCOTOEIRO (Prunus persica)

 

CLIMA

É unha árbore relativamente delicada que requiren climas mornos pero que soportan ben as xeadas que mesmo lles favorece. O que lles fai dano son as xeadas tardías xa que son de floración temperá.


CHAN

Os chans que mais lles gustan son os fértiles e lixeiros, mesmo areentos, pero sen exceso de humidade.


REGA

Unicamente haberá que regalos en zonas cálidas.


REPRODUCIÓN

A reprodución pódese facer por sementes ou, mellor, por enxerto en pé franco que dá árbores de maior lonxevidade. Tamén se pode enxertar en pés de amendoeira, ameixeira ou albaricoqueiro.

Como as ramas de frutificación son as dun, ou dous anos, hai que planificar ben a poda para ter sempre ramas novas xa que nas vellas non adoitan saír xemas.


ABOADO

Convén telo unha cobertura permanente en torno ao madeiro, así como plantar aboamento verde, pero evitando a labra para non danar as raíces.


PROBLEMAS

Os seus principais problemas son a gomose, a lepra ou aboladura, o oidio e os vermes barrenadores. Tamén pode sufrir pola mosca da froita e os pulgóns.