MACEIRA (Malus sylvestris)

 

CLIMA

Prefire os climas fríos (resiste xeadas de ata -20ºC), e necesita un parón invernal de varios meses, por iso non é apto para zonas cálidas.


CHAN

Gústanlle os chans fértiles e frescos, pero de non os ter sempre poderemos melloralos coa adición de grandes cantidades de compost.


ABOADO

Convenlle un acolchado permanente para eliminar herbas competidoras e minimizar o rego en zonas secas xa que polo xeral, en zonas húmidas non necesita ningún tipo de rego.


REPRODUCIÓN

O mellor é reproducilo por enxerto sobre pé franco, aínda que se pode facer sobre o espiño albar, ou o marmeleiro, pero non vai tan ben. O enxerto adóitase facer en escudete ou T, a mediados de verán. Tamén hai quen o realiza en coroa ou puga


PROBLEMAS

Entre os seus problemas citaremos a roia e o moteado, ademais dos parasitos como o verme da mazá e a carpocapsa. Os seus brotes tenros poden ser atacados por pulgóns, especialmente cando engadimos exceso de nitróxeno.