KIWI (Actinidia chinensis)

 

CLIMA

Gústanlle os climas frescos e con algunha humidade, pero que teñan bastante luz e uns invernos non demasiado fríos. Convén protexelos dos ventos fortes.


CHAN

Gústanlle os chans lixeiros, soltos que drenen ben e non se encharquen; para isto axúdanos a achega dunha cantidade importante de materia orgánica.


REGA

Os regos, de ser necesarios, deberán ser regulares e, preferentemente, por aspersión ou nebulización para darlle á planta esa humidade que o favorece.


REPRODUCIÓN

Reprodúcense ben mediante enxertos en escudo (sobre plantas obtidas de sementes) a primeiros de outono. Tamén se pode reproducir por enxerto ou estaca. Pódense plantar unicamente femias e enxertar algunha rama de árbore macha.


PODA

A poda, similar á das viñas, consiste en deixar só unhas guías centrais xa que os froitos saen das ramas novas, do ano. As ramas longas deberanse renovar podando preto dun brote da base.


ABOADO

Gústalle un bo acolchado.


PROBLEMAS

Non ten problemas importantes se se controla o exceso de calor e as xeadas.