CÍTRICOS (Citrus

Nesta clase incluímos todos os cítricos: Laranxo (Citrus sinensis), Pomelo (Citrus paradis), Limoeiro (Citrus limon), e outros.


CLIMA

En xeral son árbores de climas templados que non soportan as xeadas. En zonas algo frías é convinte protexelos. No caso de Galicia as laranxas adoitan dar froitos algo acedos por falta de horas de sol para madurar, mentres que a calidade dos limóns é excelente.


CHAN

Prefiren os chans frescos e fértiles.


REGA

Necesitan algo de humidade polo que convén regalos algo en épocas secas ou de moito calor. Do mesmo xeito que ocorre coas hortalizas convén non mollar a árbore.


REPRODUCIÓN

O mellor xeito de reproducilos é sementando sementes de laranxas amargas (conservalas dentro do froito para que non se sequen) e aos dous, ou tres anos, se injertan en escudete coa variedade de cítrico desexada. O enxerto faise en pleno verán.


PODA

 A poda de formación tende a darlles formas redondas. As podas adóitanse facer na primavera.


ABOADO

As súas raíces son bastante superficiais polo que non debemos realizar ningún laboreo ao redor. Vaille ben unha cobertura para controlas as herbas competidoras.


PROBLEMAS

Non son árbores que presenten moitos problemas, pero os seus principais perigos son a podedumbre (si regamos en exceso), os carafio, os pulgones e a mosca branca.