CERDEIRA (Prunus avium)

 

CLIMA

Pode desenvolverse tanto en climas temperados como fríos pero evitando as xeadas tardías, ou plantándoo resgardado.


REGA

Non precisa regos, salvo en épocas ou zonas moi secas ou terreos que non reteñan nada de humidade.


REPRODUCIÓN

Pode reproducirse a partir de sementes, sen necesidade de enxerto ou, mellor, a partir dos brotes que saen a pé de árbore. Se se desexa enxertalo pode facerse por enxerto en escudo en primavera ou a mediados de verán. Tamén poden realizarse enxertos por poxa ou coroa


PODA

Non necesita podas limitándonos a eliminar as ramas vellas e secas.


ABOADO

Gústalle que manteñamos unha boa cobertura ao seu arredor para evitar a presenza de herbas competidoras.


PROBLEMAS

O seu maior problema son os paxaros e ademais poden ter gomose ou pulgóns (se engadimos exceso de nitróxeno).