XUDÍA (Phaseolus vulgaris)

 

O feixón verde é unha das hortalizas máis populares na cociña. Multitude de pratos inclúenas, tanto de primeiro, onde son as protagonistas, como en segundos, como acompañamento. Por iso, incluílas na horta é unha grande idea; son de doado cultivo e as túas receitas serán máis saborosas se sentes a satisfacción de telas recollido coas túas propias mans.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 Familia: leguminosas.
Situación: pleno sol.
Rega: pouca na sementeira, moderada ao florecer e abondosa durante a colleita.

 

DATOS DE CULTIVO 

 

Sementar a unha profundidadede uns 2,5 cm cando a temperatura da terra acade os 16ºC.
Situar a pleno sol
Xermina en pouco máis de unha semán.
Ten pouca necesidade de nutrintes
pH ideal entre 6,5 e 7,5.

As xudías poden ser de mata baixa, ou de mata alta (ou de enrame). Hai opinións para todos os gustos no que respecta ao sabor, e moita xente opina que as de mata alta son máis doces, tenras e sabrosas. No que non hai discusión é que as de mata alta producen máis cantidade.
Como hainas de mata alta, ou baixa, elexirémolas en función de si van a ir asociadas a outros cultivos, ou si dispoñemos de titores. Podense utilizar redes como titores ou construir un soporte enforma de pirámide, con polas. este segunda opción resiste mellor os fortes ventos e non se vai vencendo co peso.. Colocar varias sementes ao pé de cada titor.
Gustanlle os climas templados e non soportan as xeadas por eso a época de plantación é relativamente crítica para aproveitar os días de maior fotoperiodo.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 Gustanlle as terras mullidas, frescas e ricas en humus. Sin materia orgánica.

FERTILIZACIÓN 

 Non necesitan abonado e ademáis enriquecen a terra en nitrógeno debido a que nas súas sus raíces existen bacterias nitrificantes que fixan o nitróxeno atmosférico, máis esta cualidade é a partir dunhas semáns, por iso no arranque convén aportarlles algo de nitróxeno. Unha maneira de facelo é, antes de sementalas meter as sementes nunha bolsa con as bacterias de tipo rizobio (a venden nos viveiros), axitalas e de seguido plantalas.

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 Seus principais parásitos son os pulgóns e as arañas vermellas. Os problemas de roia, oidio e podedumbres suelen aparecer si regamos en exceso, ou mollamos as follas.

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Conteñen vitamina A, B5, B6, C e E, así como, entre outros, os seguintes minerais:calcio, cobalto, cobre, ferro, magnesio, níquel, silicio, iodo e zinc.

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Seguir o sistema de rotacións de catro anos. Si as sementamos escalonadamente, cada semán, teremos colleita durante toda a tempada.
Gustalle compartir espazo con acelgas, berenxenas, calabacíns, tomates, coliflor, amorodos, chícharos, millo, patacas, cogombros, romero e cenorias, pero non lle gustan as cebolas, o fiuncho, os porros, os rabos e as remolachas

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 As sementes ecolóxicas poden durar 4 anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

As xudías pódense consumir de tres maneiras:

  • Tenras, son as típicas xudías que comemos enteiras, con vainas. Hai que mirar o diámetro da vaina que está relacionado coa madurez.

  • De grao tenro pero sin vaina, cando as sementes empezan a hinchar, pero non están totalmente maduras nin para secar.

  • Xudías secas, que normalmente utilizamos para almacenaxe e posterior consumo. Hai que recollelas cando as vainas están totalmente maduras e secas. Si entrárades nun periodo de chuvia sería mellor cortar as plantase e colgalas polas raíces nun lugar ventilado.

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..