TOMATE (Lycopersicon esculentum o Solanum lycopersicum)

 

O tomate é o froito da tomateira, e ben crudo ou cociñado, é unha das hortalizas máis consumidos do mundo e tamén polos españois.

Existen moitos tipos de variedades diferentes. Os que son para cultivar en invernadoiro ou en exterior, redondos ou grandes de pel fina para ensaladas ou os de pel grosa para poder transportalos; as variedades máis pulposas utilízanse para zumes ou para cociñar. Maiormente son de uso culinario, tanto humano como animal, pero tamén se emprega a planta en pesticidas e antídotos.

As variedades cultivadas ao aire libre son moi similares ás de interior e algunhas poden cultivarse en ambas formas, como o Tomate Cereixa, coñecido como Cherry, a Sweet 100, de froitos pequenos, a anana Minibe, a Sungold, a Amateur, a Heral, a Golden Sunrise, os “beef” Marmande, e os aciruelados San Marzano ou Super Roma.

As variedades de interior empregadas para colleitas máis rápidas e resistentes a enfermidades tamén poden adaptarse ao exterior unha vez crecesen iso si, protexidas preto dun muro ou parede que achegue calor e pouca luz. Entre este tipo estan a Counter, a Cyclon e Shirley, a Gran Dombito e Ailsa Craig.

Nome científico: Lycopersicon esculentum o Solanum lycopersicum
Nome en español: Tomate, Tomatera
Nomes noutros idiomas: Tomato (Inglés), Tomate (Francés), Pomodoro (Italiano), Tomate (Portugués), Tomaten (Alemán), Tomate (Galego), Tomàquet (Català), Tomatoak (Euskera)

 

UN POUCO DE HISTORIA 

Aínda é un misterio saber con exactitude a orixe dos tomates.

Atopáronse restos de diferentes xéneros de tomates en diversas rexións de América Central, América do Sur e Europa que datan o seu cultivo entre 500 e 700  a.C. polo que xa era coñecido entre os maias, aztecas, incas, gregos, persas, e mesmo parte do continente asiático. De aí a súa orixe etimolóxica e lendaria desta froita tan peculiar.

Para os Aztecas era coñecido como “Tomatl” (froita inchada) e entre os diferentes cultivos de millo crecía o “xicomatl”, unha variedade de tomate grande e vermello ao que alcumaron como “froita con embigo de auga gorda”.

Doutra banda, os Maias tamén coñecían esta froita  e utilizábana para cociñar pero tamén para as súas viaxes chamánicos empregando a mestura das sementes en distintos preparados.

Predominaban de maneira abundante e silvestre o tomate verde e amarelo, mesmo dourado, e o tipo cereixa, precisamente esta variedade foi a máis comerciada, proporcionando a súa polinización en rexións diversas.

Foron nomeados como “Melas Áureas” (mazás douradas) polo herborista italiano Mattioli, referíndose a eses froitos amarelos; ou “pexego persa” á súa chegada a Europa referíndose aos que chegaban de Asia a Persia e Grecia.

Grazas aos historiadores naturalistas clásicos e as súas investigacións derivaron ao tomate ao grupo de familias chamadas “Solanáceas” xa que viron que os tomates e tomateiras necesitaban moito sol para desenvolverse, de aí parte o seu nome, Solanum. E Lycopersicum, aínda que nos asombre, ven do grego Lycos (Lobo) e Persicum (orixinario de Persa).

Nos pobos xermanos, explican que algunhas persoas convertíanse en “Lobisomes” ao inxerir o chamado “Wolf Peach” (pexego lobero) renome aos tomates que chegaban ás súas terras e que gardaban unha gran similitude coa Beladona, empregada polas bruxas e curandeiros daquela época nos seus ritos.

Persoas que por falta de información ou estudos confundiron os tomates coa beladona, froita que en doses desmedidas é extremadamente tóxica e mortal, moita xente morreu ou, procuroulles enfermidades mentais.

E de aí conservouse este nome, como arquetipo a intoxicacións ou “comportamentos salvaxes ou  anormais”.

En investigacións científicas posteriores e avanzadas, confirmouse que as follas e talos da planta da tomateira son venenosos excepto o seu froito, o tomate, rico en licopenol, un antioxidante beneficioso para o noso organismo e que probablemente sexa máis aproximada a súa etimoloxía. Máis tarde, engadiríaselle o nome “Esculentum” (comestible); chegou a ser considerado afrodisiaco segundo informes do herborista holandés Dodoens en 1554.

En canto ao tomate en España crese que foi introducido a través das viaxes de Cristóbal Colón a América.

 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

É unha planta herbácea de porte que vai de 50 cm a un metro de altura e cun sistema radicular amplo que se desenvolve entre os 50-60 cm de profundidade. Componse dunha raíz principal dende a que parten unha gran cantidade de ramificacións.

O talo é longo, anguloso e recuberto duns pequenos pelillos visibles a primeira ollada. Moitos destes pelos son de orixe glandular e proporcionan á planta un cheiro característico. Nun principio é de porte ergueito, pero cando acada un determinado desenvolvemento, e debido ao peso, pódese volver rastreiro.

As follas teñen unha disposición alterna e son compostas e imparipinnadas. Xeralmente constitúense por 7-9 foliolos lobulados que tamén están recubertos de pequenas vellosidades.

As flores son pentámeras, monopétalas, amareladas, con manchas escuras e dispóñense en forma de acios a diferentes alturas. En cada acio adoita haber entre 3 e 10 flores. Son de polinización autogama.

O froito é esférico de tamaño variable (dende os 3 cm ata os 16 cm de diámetro) e de cor vermella na maduración, habitualmente. Estas baias poden ser lisas ou acostilladas, segundo as variedades. No interior da baia diferéncianse claramente os lóculos carpelares que poden variar de 2 a 30.           

As sementes son grisáceas, con forma de disco e pequenas. Nun gramo pode haber ata 350 sementes.

 

 

DATOS DE CULTIVO 

 

Entre os beneficios para a saúde do tomate inclúense a mellora da vista, unha boa saúde intestinal, hipertensión arterial baixa, axuda á diabete e melloras nos problemas da pel e as infeccións do tracto urinario.
Os tomates son plantas anuais, e herbáceas, da familia das Solanáceas. Son orixinarios de América do Sur, das rexións andinas do Nord-West. Os maias e os aztecas foron domesticando os tomates dende moito tempo antes de J.C.. A planta foi introducida en Europa a comenzo do século XVI polos españois. No principio non tivo moito éxito ata que, máis tarde, comezou a cultivarse na Italia.
Na actualidade hai un número caseque infinito de tipos, formas e cores. Contén preto dun 95 % de auga, e é considerado como moi sán, ideal para manter a líña e moi rico en vitaminas, minerais e oligo-elementos.

Familia: solanáceas.
Siembra: marzo a abril.
Suelo: fértil, lixeiro e con moita materia orgánica. O exceso de nitróxeno disminúe as colleitas.
Marco de plantación: 70 x 70 cm, según variedades
pH: 5,8 a 7
Necesidade de nutrintes:: N (alta), P (alta) e K (alta)
Situación: pleno sol.
Rega: abondosa.
Ciclo: de catro a seis meses
Duración da semente ecolóxica: Uns catro-cinco anos.

PLANTACIÓN

Entre os meses de marzo e abril semente en tarrinas ou bandexas cheas dun bo mantillo húmido. Recubra as sementes e apisone lixeiramente. A continuación regue e, no sucesivo, manteña esa humidade constante. As bandexas ou tarrina hai que mantelas nun lugar cálido (18 a 20ºC).
Atención a cor das follas: si volvense de cor lila estannos indicando unha carencia de P (fósforo). Solucione o problema regando con caldo de ortigas (diluido 1:20).
A preparación dos semilleiros farémola entre 6 e 7 semáns antes da derradeira xeada xa que cando maís grande sexa a plantas sofrirá máis de stress no trasplante o seu lugar de produción.
Se traballa en invernadoiros pode adiantar a siembra un ou dous meses.

TRASPLANTE

Antes de trasplantar teremos que ir preparando a terra mezclandolle follas trituradas no outono e compost na primaveira.
Unhas semanas antes do trasplante poderemos cubir a terra cun plástico negro para quentala, pero teremos que retiralo cando aparezcan as primeiras inflorescencias.
Cando nos haxa perigo de xeadas plantaremos as tomateiras no lugar definitivo, instalando titores e respetando os marcos de plantación. Os titores deberán colocarse antes da planta  pois de facelo posteriormente poderíamos danar as raíces.

 

Hai dos tipos de tomateiras: as de crecemento determinado, e as de crecemento indeterminado:

  • As de crecemento determinado, ou de mata baixa son aquelas que collen certa altura, florecen, fructifican e deixan de medrar. Estas pódense cultivar sen soporte, ainda que é unha boa axuda para ter os froito en mellores condicións. Estas non hai que podalas.

  • As de crecemento indeterminado medran e fructifican constantemente. Son plantas moito máis grandes. Son as que producen mellores froitos, e en máis cantidade, pero precisan de máis coidados. Necesitan titores xa que si as deixáramos no chan ocuparían demasiado espazo.

Prepare a plántula para o trasplante recortando as follas, deixando únicamente as superiores para que o enterralas ata as follas se reforce o seu sistema radicular profundo. Para trasplantar faga un burato na terra, a unhos 10 cm. do titor, henchao de auga, espere a que se absorva e, de seguido proceda á plantación, enterrando tamén a parte da que quitamos as follas, apretando a terra moi lixeiramente sobre o cepellón para que tome un bó contacto ca terra.
Unhas duas semáns antes do trasplante é conveniente ter as plántulas no exterior para que vaian aclimatándose e non sofran demasiado stress.
En zonas máis frías é unha boa práctica trasplantar plantas máis grandes enterrándoas, e deixando sobresalir, únicamente, uns 10 cm.
É conveniente que protexaos a plántula dos ventos dominantes.
Unha plantación moi preta terá como consecuencia unha peor circulación do aire e máis risco de problemas.

Manter a planta ben suxeita ao titor. Para atala utilizaremos algunha fibra vexetal das que se venden nas tendas do sector. Esta labor hai que facela con certa técnica para evitar estrangular o tallo. Nós recomendamos atar fortemente a fibra sobre o titor (así non se desplazará en ningín sentido) e, posteriormente rodear o talo da tomateira e atalo deixando moita holgura para que poida anchear sen risco de estrangulamento. Este tipo de atado impide que as polas poidan caer co peso dos tomates.
No invernadoiro cepille as plantas suavemente coas mans, dous veces ao día, xa que este movemento dos talos favorece a secreción dunha hormona, a citoquinina, que fai que os talos medren máis fortes. Esta laboura, no exterior, faina o vento.
Outro dos coidados serán as podas, si son necesarias, xa que non todas as variedades as precian pois algunhas deteñen o seu crecemento nun momento concreto do seu desarrollo. En xeral tampouco precisan de poda as variedades de froitos pequenos xa que son moi vigorosas.

Faremos dous tipos de podas:

  • Cando a planta comeza a florecer cortamos o talo principal por enriba dol segundo ramo de frores o que motivará a aparición de novas ramificacións nos puntos de unión das follas co talo principal.

  • A partir de que a planta comenza a fructificar, nos meses de xuño a xullo, eliminamos todos os brotes xoves que nazcan na unión das follas con cada un dos talos, para que a planta dirixa toda a súa forza a alimentar os tomates.

 

En zonas cálidas, onde a terra quentase moito, non é necesario o acolchado e mesmo podemos utilizar outras plantas que axuden a manter a temperatura máis fresca (leitugas, pementos,...) pero en zonas máis frescas o acolchado orgánico: follas, palla,...) axudará a incrementar a temperatura da terra.

 

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 

FERTILIZACIÓN 

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 Soterrar follas de ortiga ao pé da planta limita o risco de mildiu.
Manteña o suelo cuberto con follas, herba seca ou palla.
Realice a rega con bandas humectantes, ou exudantes, que levan a auga directamente á raíz.
Cando regue evite sempre mollar as follas da tomateira.

Algúns dos problemas do tomate poden ser o verme de alambre e o mildiu e, en contadas ocasións a presenza de outros parásitos, como o pulgón.
Para loitar contra o pulgón pulverizaremos a planta, dúas veces na semán, cunha infusión de allo. Se o ataque fora moi serio recurriríamos ao xabón de potasa para pulverizalos.
O mildiu é producido por un fungo, e orixina manchas de cor marrón-amarelo nas follas. Pódese previr pulverizando semanalmente as plantas con cocción de cola de cabalo.
Para previr o mildiu tamén enterramos ao pé da planta unhas follas de ortiga, pero tamén poderemos emplear o caldo bordelés ou, ainda mellor por non ter efecto secundario algún, uns alambres de cobre duns 40-50 cm, de lonxitude, que cravaremos na base do talo principal e enroscaremos sobre o mesmo. Este fio de cobre non deberá estar barnizado, ou non resultará efectivo. No caso de estar barnizado será necesario proceder ao seu lixado. Os ions que libera o cobre axudan na protección contra os fungos.

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 

Pódese consumir de calquera maneira : frito, crú, cocido, en salsa, .... sendo un alimento refrescante e moi nutritivo.
Grazas o seu efecto diurético elimina moitas toxinas, asi como ácido úrico, e reduce o colesterol.
A súa característica cor vermella é debida a presenza do licopeno, sustancia que axuda a previr os infartos. O licopeno posue propiedades antioxidantes e o seu consumo habitual contribue a reducir alguns tipos de cancro, como o de próstata, pulmón e tracto dixestivo, así como o risco de padecer enfermidades cardiovasculares. Tamén presenta efectos positivos na prevención da arteriosclerosis e do síndrome de dexeneración macular, principal causa de cegueira nas persoas maiores de 65 anos.
O tomate é moi rico en vitaminas e posúe propiedades terapeuticas preventivas contra problemas de próstata.

Rico en Vitaminas C e A
Vitaminas grupos B, PP y K.
Minerales: Fósforo, hierro, calcio, magnesio, manganeso, zinc, cobre, potasio y sodio.
Bioflavonoides
Licopeno
Altas propiedades antioxidantes. É polo tanto un excelente aliado contra o cancro.

Tambén pódese considerar
Resistencia á infeccións.
Vista (vitamina A)
Prevención da cardiopatía

 

Datos de nutrición dun tomate mediano (148 g)
 
Calorías 35 Total carbohidratos 7g 2%
Calorías de graxa 10 Dieta fibra 1g 4%
Total graxa 1g 2% Sucre 4g  
Graxa saturada 0g 0% Proteína 1g  
Colesterol 0 mg 0% Vitamina A 15%
Sodio 5mg 0% Vitamina C 35%
Calcio 0% Ferro

2%

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Favorece ao tomate sementalo con allos, albahaca, apio, caléndula, capuchina, cebolas, ceboliño, espárragos, cenouras coles, leituga, menta, pementos e perixel, pero non lle gostan nada os cogombros, as xudías de enrame, as patacas e mesmo o colirrábano.
A asociación co perixel, especialmente se sitúase por onde sopla o vento, protexe as tomateiras da mosca branca.

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 

RECOLLIDA DE SEMENTES

 Para ter unhas boas sementes é necesario en primeiro lugar deixar madurar o tomate sobre a planta, ata que estea brando, elexindo os mellores exemplares.
Para extraer as sementes corte o tomate e gárdeas con algo de zume nun vaso, ata que se forme unha capa de moho de cor branco a negruzco. Nese momento colóqueas nun colador e lave con abondante auga remexendo ata que queden limpas. Deixe secar as sementes nun lugar ben aireado e cálido, preferentemente sobre unha tela mosquiteira de plástico, para que non se peguen. Cando estean ben secas gardarémoslas en botes de cristal herméticamente pechados.

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

AS RECETAS DA FUNDACIÓN


SOPA DE TOMATE CON PAN FRITIDO E PERIXEL (para 4 persoas)
Ingredentes Preparación

1 Kg tomates maduros
8 Chalotas, ou porro
1 Cenoria pequena
1 Bulbo de fiuncho pequeno
50 gs.de manteiga
50 cl de caldo vexetal, ou de polo
25 cl de nata fresca
Estragón e perixel
Sal, pementa e aceite de oliva
12 rabanadas de pan
Raspas de allo e queixo

Prequetar o forno a 220ºC

Cortar os tomates pola mitade e cubrir con aceite de oliva.

Colocalos nunha fonte para forno e cociñar removendo uns 30 minutos.

Deixar enfriar e retirar a pel dos tomates

Picar as chalotas, a cenoria, o fiuncho e misturalo con manteiga.

Engadir o caldo e ferver coas herbas e as raspas durante 30 minutos.

Engadir a pulpa do tomate.

Retire as ramitas de perixel e de estragón.

Misturar a pulpa do tomate, sazonar con sal, pementa e herbas a gusto.

Baixar o forno a 200ºC para dorar. Cubrir con aceite de oliva, frote o pan co allo, espolvorear con queixo rayado, con perixel e cocer ata que estean lixeiramente douradas.

Engadir a nata á sopa e deixar quentar. Servir con pan fritido.

 

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..