REPOLO (Brassica oleracea)

 

O repolo é unha das hortalizas de folla máis apreciada, e un alimento extraordinario. Consúmese en todo o mundo. É excelente para fortalecer os músculos.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 Familia: brasicáceas
Situación: pleno sol, semisombra ou sombra.
Rega: regular
Marco de plantación: 40 x 50 cm

DATOS DE CULTIVO 

 

Sementar a unha profundidade de medio centímetro, cando a terra teña uns 24ºC, e sairá nuns 5 días.
En semilleiro sementar mes e medio antes da última xeada, e no exterior dende marzo ata agosto.
pH óptimo: 6-7. Para evitar a hernia da col, no momento do trasplante, mollar as raíces nunha leitada de cal.
Situación a pleno sol en rexións frías (onde medra mellor), e cun aporte importante de nutrientes.

Para colleitas tempranas sementar en semilleiros a principio, ou mediados, da primaveira, e para as tardías a partir de mediados. Trasplantar cando a planta teña algunhas follas definitivas. Hai que ter coidado de non dañar as raíces (en bandexas con turba e compost non se corre este perigo xa que o cepellón entérrase enteiro).
Para protexer do pulgón podemos utilizar cubertas vexetais.
Os repolos son grandes consumidores de nutrientes, por eso sería o primeiro cultivo na rotación de catro anos, despois das leguminosas. As cinzas engadidas a terra no outono, ou finais do inverno, son unha boa fonte de K e axudan a elevar o pH da terra.
Como o repolo ten moitas raíces superficiais vaille ben una acolchado para evitarlle o estrés, reducir a presencia de herbas competidoras refrescar o solo e manter a humidade. Como as raíces son moi delicadas é mellor non traballar co sacho moi cerca da planta, especialmente pola mañá cando as follas están cheas de humidade e son máis fráxiles.
Cando as coles tenden a agrietarse ou a florecer prematuramente, o que ocurre normalmente por causa do estrés, pódese retrasar o crecemento xirando lixeiramente a planta para romperlle algunhas raíces, ou cortandoas ao redor cunha laia. As plantas moi xuntas medrarán menos pero teñen menos probabilidades de romperse, e teñen mellor sabor.
Para ter colleitas máis abondosas, especialmente nas variedades tempranas, cortar a cabeza do repolo xusto por debaixo e no tocón que queda facer dous cortes en cruz, máis ou menos de medio centímetro de profundidade. En pouco tempo sairán catro novas cabezas que consumiremos cando teñan o tamaño dunha pelota de tenis.
Para conservar os repolos tardíos hai que arrancalos coas raíces, quitarlle as follas do exterior, e mantelas na adega, colgadas polas raíces e envoltas en periódicos. Tamén pode colocalas contra unha parede e coas raíces en area.
Como existen numerosas variedades de repolo pode seleccionarse a axeitada e sementala durante todo o ano.

As regas teñen que ser abondosas, e moderadas dende a formación da cabeza.
Prefiren os climas con certa humidade ambiente e algunhas variedades soportan temperaturas por debaixo de cero.

 

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 

FERTILIZACIÓN 

 Gustanlle os solos pouco ácidos, frescos e ricos en humus. Son plantas que consumen moitos nutrientes polo que requerirán un abonado intenso con compost ben descomposto ou estiercol.

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 Realizaremos rotacións de catro anos co que poderemos prevenir a hernia da col e tamén podemos poñer un pouco de cinzas arededor da planta ao trasplantala e non usamos esterco fresco. Si a terra é ácida pódese engadir algo de calcio.
Tamén pode sufrir ataques da volvoreta da col pero poderemos destruir os seus ovos manualmente (Os poñen no envés das follas) ou utilizar un insecticida ecolóxico, como oBacillus turigiensis si se trata de grandes plantacións.
As podedumbres, que se manifestan pola aparición de manchas marróns nos troncos, pódese combatir con aplicacións de caldo bordelés.

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Contén vitaminas A, B1, B2, B5, C, E, K e PP ademáis de numerosos minerais entre os que destacamos o calcio, azufre, cobre, bromo, cloro, ferro, magnesio, manganeso, fósforo, potasio, sílicio, iodo e cinc.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Pódese plantar asociado con remolacha, xudías, leitugas, chícharos, patacas, apio, cebolas, cogombros, tomates e moitas outras hortalizas, pero non debemos plantalos con amorodos, tomates, ou fabas.

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..