PATACA (Solanum tuberosun)

 

A pataca é un dos piares básicos da alimentación en medio mundo; é un produto económico e cunha versatilidade gastronómica extraordinaria.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

Familia: solanáceas
Situación: pleno sol ou semisombra.
Rega: moderada, especialmente durante a formación dos tubérculos (cando aparecen as inflorescencias).
Marco de plantación: 40 x 50 cm

flor azul de patata   flor patata ablanca   flor rosa de patata
         
Diversidade de coloración durante a floración

 

 

DATOS DE CULTIVO 

 Sementar tres semáns antes da última xeada, cando a terra teña uns 16ºC.
Precisa moitos nutrintes.
pH óptimo entre 5 e 6,5
Variar as datas de sementar as patacas en función da zona onde vivides:
En zonas cálidas sementar en outono.
En zonas templadas sementar a finais do inverno.
En zonas frías sementar na primaveira.

As patacas pódense sementar enteiras pero é conveniente cortar as grandes deixando dúas xemas en cada pedazo. Un par de días antes de sementalas hai que preparalas da seguinte maneira:Cortalas en pedazos con dúas xemas que pesen cada un entre 40-60 gramos. As xemas deben ter comezado a brotar pero sin formar talos. Hainas que deixar curar nun lugar ventilado e fresco durante un ou dous días. Unha vez curadas as trataremos con algo de flor de xofre para protexelas de fungos e do escarabello da pataca.
O normal e sementar as patacas a uns 8 cm de profundidades e aporcalas cando teñan uns 30 cm., pero mellor aún e utilizar un acolchado que minimiza o traballo e regula a humidade e a temperatura. O procedemento sería o seguinte:
Sementar as patacas a unha profundidade de uns 8 cm. Cando as plantas teñan uns centímetros engadir unha boa capa de compost (uns 2-3 cm) e cubrir con palla ata tapar 2/3 da planta. Segun vaia medrando seguir engadindo palla ata ter unha capa duns 15 cm. Hai que asegurar de manter a pataca ben regada dende a floración ata dúas semáns antes da colleita.
Para recoller as patacas hai que esperar a que a planta estea seca. Unha vez que con axuda dunha forcada imos levantándoas convén deixalas secar na terra. A continuación, as limparemos sacandolles a terra cun cepillo (non lavalas) para despois deixalas nun sitio fresco e ventilado curando durante un par de semáns. Pasado este tempo consevarémolas nunha adega fresca.
As patacas suelen dexenerar con facilidade a causa das virosis transmitidas polos pulgóns, por iso debemos utilizar semente de patacas procedente de zonas de montaña, onde non abundan os pulgóns.
Prefire os climas templados e húmidos e non soporta as xeadas ainda que si estas chegan nas primeiras fases de desarrollo suelen rebrotar.

Magnífico aspecto deste bancal de patacas no que podemos observar a abundante cobertura de follas que cubre a súa base, despois do aporcado.
O aporcado e unha boa cobertura axudarán a desarrollar un maior sistema radicular e protexerán as patacas dos rayos solares evitando a coloración verdosa da súa pel, que denota a presencia da solanina, un alcaloide tóxico que non debemos consumir.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 Gústanlle os solos mullidos, ben abonados e mesmo un tanto areosos, pero sempre sin exceso de humidade.

 

FERTILIZACIÓN 

 Como é unha planta moi esixente agradecerá ir precedida dun abono verde, e deberemos rotala, como facemos habitualmente, cada catro anos.

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 Os principais problemas que podemos ter son o escarabello da pataca e o mildiu que poderemos tratar preventivamente co caldo bordelés. Tamén pódese prevenir o mildiu pulverizando o bancal con purín de ortigas fermentado.
Tamén podemos ter problemas cos ratóns de campo que, literalmente, poden destrozar a nosa colleita.

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Contén vitaminas B1, B2, B3, B5, B6, C, K e PP. Ademáis aportan minerais como Cu, P, Fe, Mg y K. Contén ademáis un 2% de proteina.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Podemos asocialas con cultivos de leguminosas, coles e espinacas, pero non lle gusta a presenza de outras crucíferas, como o tomate.

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..