NABO, NABIZA Y GRELO

 

Unha tese do CSIC, que analizou as propiedades e compostos presentes en grelos e nabizas, conclúe que polo seu baixo nivel calorífico e elevado contido en fibra, contribúen a mellorar a saúde e a reducir o risco de enfermidade.

Non está claro a orixe dos grelos e as nabizas e ainda que a maioría dos expertos opinan que a planta é orixinaria de Europa son moitos os que siguen pensando que é originaria de Asia. En Galicia teñense datos de que xa eran cultivadas fai máis de 5000 anos.
É un cultivo en alza, tanto en España como en Europa, merced a seu peculiar sabor e as súas extraordinarias propiedades nutricionais.
En España, o principal produtor e consumidor de grelos é Galicia onde é utilizado en platos de recoñecido prestixio, como o caldo galego ou o lacón con grelos. É un dos cultivos galegos máis importantes, representando aproximadamente o 17,5% da produción hortícola total da comunidade, razón po la cal estáse impulsando a creación dunha marca de calidade, materializada de momento como Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia. Según os datos da Xunta de Galicia o rendemento medio ronda as 22 t/ha, cunha producción total en torno a os 165.000 t/ano das cales unhas 30.000 serían para consumo humano.

Nome científico: Brassica rapa.
Familia: crucíferas.
Xénero: Brassica.
Dentro deste xénero temos moitísimas especies de interese hortícola: coles de bruselas, nabicol, repolo, coliflor, nabos etc.
Baixo a denominación de nabos, nabizas e grelos ocultase unha soa especie con aproveitamentos moi diferenciados.

Nabo é a raíz engrosada.
Nabiza, chamase ás primeiras follas de comezos do cultivo.
Grelo é o conxunto das follas co talo, que pode acadar o grosor de un dedo pulgar, e do que sairán as flores. Débese recolectar mentras o talo está tenro, antes de que aparezan as flores, xa que a partir dese momento endurecese e non sirve para comer, pois non ablanda por moito que o coza. A carne o grelo é translucida, e ao endurecer, no centro do mesmo, aparece un cordón de cor moi blanco, máis ou menos groso. Un bo sistema para saber si está blando, ou non, consiste en darlle un corte transversal no seu extremo e observar si o centro está moi blanco, como a neve, o que suporía que non é comestible pola súa grande dureza.
Normalmente o nabo destinase ao consumo animal, mentras que as nabizas e os grelos son moi apreciados para o consumo humano. A raíz cocida ten un sabor moi parecido ao do grelo.
Son moi típicos de Galicia onde existe un dito popular que di: Nabo, nabiza e grelo, trinidade do galego.

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

Nome científico: Brassica rapa.
Familia: crucíferas.
Xénero: Brassica.
Dentro deste xénero temos moitísimas especies de interese hortícola: coles de bruselas, nabicol, repolo, coliflor, nabos etc.
Baixo a denominación de nabos, nabizas e grelos ocultase unha soa especie con aproveitamentos moi diferenciados.

Nabo é a raíz engrosada.
Nabiza, chamase ás primeiras follas de comezos do cultivo.
Grelo é o conxunto das follas co talo, que pode acadar o grosor de un dedo pulgar, e do que sairán as flores. Débese recolectar mentras o talo está tenro, antes de que aparezan as flores, xa que a partir dese momento endurecese e non sirve para comer, pois non ablanda por moito que o coza. A carne o grelo é translucida, e ao endurecer, no centro do mesmo, aparece un cordón de cor moi blanco, máis ou menos groso. Un bo sistema para saber si está blando, ou non, consiste en darlle un corte transversal no seu extremo e observar si o centro está moi blanco, como a neve, o que suporía que non é comestible pola súa grande dureza.
Normalmente o nabo destinase ao consumo animal, mentras que as nabizas e os grelos son moi apreciados para o consumo humano. A raíz cocida ten un sabor moi parecido ao do grelo.
Son moi típicos de Galicia onde existe un dito popular que di: Nabo, nabiza e grelo, trinidade do galego.

 

DATOS DE CULTIVO 

Sementar a unha profundidade de un centímetro, directamente na terra a comezos da primaveira ou finais do vran.
Xermina nuns 5 días.
pH óptimo entre 5,5 e 6,8.
Situar a pleno sol ou con algo de sombra.
Ten poucas necesidades de nutrintes.
Asocia ben coas cebolas e os chícharos, pero non coas patacas.
Sementar en marcos de 10 cm. Si o sementades a voleo, para conseguir una distribución, é de grande axuda repatilo misturado con area. Como a area é blanca axudaravos a facer un reparto máis uniforme.

Na Galicia os grelos sementansen despois de colleitar as patatas e no mesmo sitio. Faise así porque ás nabizas gustalles unha terra rica en materia orgánica ben descomposta, solta e esponxosa, como a que queda despois de cultivar as patacas ás que lles gusta o abono fresco. Por eso solense sementar a partir de finais de agosto, antes de que cheguen os fríos.
Gústanlle os solos neutros, nunca ácidos, e incluso poden ser un pouco alcalinos (isto tamén é válido para todas as hortalizas crucíferas, como as coles, berzas e repolos). Pode ser conveniente realizar un pequeno encalado, con cal de liberación lenta, para impedir a súa perda rápida en caso de choivas.
Previamente a súa siembra sole pasarse unha grada para desfacer os terróns e alisar a terra. A sembra realizase a voleo, xenerosamente. Logo iránse clarexando as plantas según se consuman, deixándoas a unha distancia duns 10 cm. unhas das outras. Este aclareo estimula a posterior produción de grelos. O feito de plantalas moi xuntas axuda a manter a humidade e evita a proliferación de herbas competidoras.
Logo o único coidado é procurar que non lle falte humidade, polo que haberá que regar si a temporada ven moi seca. No inverno, como as baixas temperaturas poden queimalos, pódense cubrir cunha manta térmica si se prevé a presenza de xeadas, ainda que normalmente recuperaránse ben.
A mellor hora para recollelos é pola mañá cedo antes de que comence a calor, ou tamén a última hora do serán.
Os grelos de Lugo son un pouco máis ácidos e de sabor forte mentres os de Santiago, son un pouco máis doces e mais tempranos.
Pódense seguir sementando ata setembro.
As nabizas sementadas a principio de outono (as variedades máis resistentes), recolectanse na primaveira, co tamaño duns 15 cm.

 

 

COLLEITA 

Á hora de adquirilos selecionar aqueles que teñan unha cor verde intensa e estean tenros.
Para conservalos quitarlles la raíz e metelos na neveira, dentro dunha bolsa de plástico. Poden durar varios días.

CHAN 

 

FERTILIZACIÓN 

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 O principais problemas do cultivo poden vir de varios tipos de insectos (mosca blanca da col (Aleyrodes proletella) e o pulgón (Brevicoryne brassicae L.), hemípteros como a chinche vermella das crucíferas (Eurydema ornatum L.), vermes grises, dípteros como a mosca da col (Delia radicum L.), coleópteros como a falsa potra (Phyllotreta cruciferae (Goeze), ademáis de caracois e paxaros. (Kirk, 1992)).

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 

Ten alto contido de auga polo que o seu valor calórico é moi baixo. Tamén aportan bastante fibra, polo que son unha alternativa moi aconsellable para elaborar platos sans e lixeiros, sobretodo para persoas con problemas de exceso de peso. Seu alto contido en fibra favorece o tránsito intestinal, e axuda a evitar os síntomas do estreñemento.

Tabla de composición (100 gramos de porción comestible)
Enerxía
(Kcal)
Proteina
(g)
Hidratos de
carbono
(g)
Fibra
(g)
Potasio
(mg)
Sodio
(mg)
Fierro
(mg)
Calcio
(mg)
Provitamina A
(mvg)
11,2 2,7 0,1 3,9 80 10 3,1 98 1000

As brásicas utilizadas na horticultura caracterizanse po lo seu alto contido en glucosilonatos que degradan en isotiozanatos, oxazolidinas, tiocianatos e outros, que teñen efecto anticanceríxeno. Son estes produtos de degradación os que lle confiren seu característico sabor amargo.
A provitamina A transformase en vitamina A, que posue interesantes funcións no mantemento dos tecidos, na resistencia fronte ás infeccións e no correcto funcionamento do sistema nervoso. Ademáis contribue ao crecemento óseo e é necesaria para a visión nocturna.
Recentes investigacións realizadas polo Consello Superior de Investigacións Científicas, demostraron o valor dos grelos como anticanceríxeno, antioxidante e nutritivo.
A súa riqueza en calcio fainos interesantes para evitar a osteoporosis.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 As sementes ecolóxicas duran uns cinco anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 Para que conserven todas as súas propiedades hai que cocelos a temperaturas non moi altas. A auga de cocción pode servirnos posteriormente.
Para reducir seu sabor amargo poden escaldarse en auga fervendo durante uns minutos.
Pódense consumir tanto crús como cocidos. No mercado pódense atopar envasados e deshidratados, co que conservanse durante un ano, e poden recuperar as súas características tras ferverlos durante 35 a 40 minutos.
En Galicia dase o mismo uso a ambas verduras: no caldo galego, como substitutas do repolo no cocido, revoltos, en ensalada (cocidas, acompañadas de ovos cocidos e molladas cunha allada), guarnición de pescados tales como merluza ou bacallau, e un largo etcétera.
Dende sempre, a sabiduría popular atribúe ás nabizas e grelos efectos laxantes e as mellores propiedades para formar parte dunha dieta de adelgazamento.
Os diabéticos atopan nesta verdura un alimento a súa medida.
O nabo aporta vitamina C e fibra contra os trastornos de estreñemento e o jarabe que resulta do seu fervido é moi útil para combatir problemas respiratorios e afeccións bronquiais.

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..