LEITUGA (Lactuca sátiva)

 

É perfecta para adelgazar, pero ao mesmo tempo queda deliciosa nunha ensalada e para completar teñen propiedades nutricionais moi grandes. Así que incorporala na dieta é case unha obriga.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 Familia: compuestas.
Situación: pleno sol, semisombra ou sombra lixeira.
Rega: pouco ou moderada.
Marco de plantación: 20 x 30 cm
Plantación: todo o ano según a variedade selecionada.

 

 

DATOS DE CULTIVO 

 A siembra realizaremola a voleo para posteriormente, cando nazan, ir aclarándoas e trasplantando. Un pequeno truco para evitar semilleros excesivamente densos consiste en misturar as sementes con area. Deste xeito lograremos unha mellor distribución das sementes no chan. Trasplantaráse cando teñan entre 4 e 6 follas, enterrando únicamente a raíz, sen tapar o talo. Unha formula segura consiste en abrir o hueco onde imos plantala e henchelo con auga esperando a que se absorba; logo colocaremos a planta e taparemos a súa raíz con algo de terra e regaremos lixeiramente. Así conseguiremos que a raíz tome contacto inmediato coa terra evitando á planta o conseguinte retraso no seu crecemento.
Colleita:
Cortando as follas externas, que rematará cando o talo comence a formarse o que indica que a planta vai florecer.
Cortando a leituga uns 3 cm sobre o chan a planta dará unha segunda, ou incluso terceira colleita.
Planta enteira sendo necesario esperar a que estea madura, pero tenra.
A leituga e mellor consumila fresca, recén cortada pero si precisa conservala fagao na neveira dentro dunha bolsa de plástico.

Á leituga gústalle o solo constantemente húmido, ben drenado, e procuraremos manter esta humidade constante cun acolchado de follas, deixando un certo espacio libre arredor da planta.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 Ás leitugas gustanlle os solos ricos en humus ou materia orgánica ben descomposta polo que, nas nosas rotacións, plantaremolas despois de cultivos esixentes en abonado, como poden ser as patacas, os tomates ou os pementos.
En canto á situación decir que non lle gusta a calor excesiva polo que pode ser necesario sombrealas nos días tórridos do vran. Si podemos será mellor plantalas en lugares máis frescos evitando facelo a pleno sol. Ainda que tolera ben pequenas xeadas e mellor protexela cunha cuberta flotante, como unha manta térmica.

 

FERTILIZACIÓN 

 Un dos grandes segredos das leitugas doces é facelas medrar rápidamente e como as súas raíces son superficiais hai que engadir compost maduro antes de plantar e unha semán despois da aparición das plántulas. Pódese regar con caldo de ortigas diluido.
No que respecta a fertilización, a leituga non é unha planta esixente, ainda que vaille ben unha aportación de compost cando transcurrira, máis ou menos, unha terceira parte do seu desarrollo. Como abonado foliar, a utilizar na segunda fase do seu desarrollo, poderemos utilizar un caldo de ortigas que, ademáis incrementa as defensas da planta. No caso de utilizar a rega con banda exudante pódese engadir este preparado de ortigas diluido, á auga.

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 Os fungos, si regamos en exceso.
As herbas competidoras que poderemos controlar con frecuentes laboreos e un bo acolchado.
As babosas e os caracois, os paxaros (poderemos utilizar unha malla) e os pulgóns (si usamos exceso de nitróxeno).

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Á hora de consumir leitugas debemos ter presente que as follas máis nutritivas son as escuras, xa que as blanqueadas son pobres en clorofila.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Como a leituga pode asociarse con prácticamente todas as hortalizas poderemos utilizalas, dado que son de ciclo curto, para aproveitar mellor o espazo, intercalándoas con plantas de ciclo largo.

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 As sementes de leituga ecolóxica poden durar dous anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..