COL DE BRUSELAS (Brassica oleracea var.gemmifera)

 

Os coles de Bruxelas son un vexetal moi nutritivo e versátil. Ten moita Vitamina C e Vitamina K e conteñen antioxidantes. O sulfuro que conteñen os Coles de Bruxelas tamén contribúe a desintoxicar o corpo. Poden cociñarse de moitas maneiras e non requiren moitos ingredientes para lograr un delicioso sabor.

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

Familia:Brasicáceas

Situación: pleno sol, semisombra ou sombra

Rega: abondosa

Marco de plantación: 50 x 50cm

 

DATOS DE CULTIVO 

 

Hai numerosas variedades, o que permite que a súa plantación poida realizarse en condicións moi diferentes. É unha planta moi resistente. Como gustanlle os climas fríos e soportan ben as xeadas será unha das últimas hortalizas que consumiremos. Non lle gusta o exceso de calor ao que responde disminuindo a súa produción.
En semilleiro sementar mes e medio antes da última xeada e no exterior dende marzo a agosto. Nas zonas cálidas pode sementalas a partir de outubro.
Enterrar as sementes sobre medio centímetro. Tardarán en xerminar unha semán.
pH óptimo 6-7
Situar a pleno sol

Como a planta poder acadar case que un metro de altura é conveniente, en zonas ventosas, colocarlles un titor. Esto deberá facerse no momento do trasplante para evitar danar as raíces.
Un mes antes da chegada das xeadas podemos cortar o extremo apical da planta para deter o seu crecemento e favorecer a maduración das pequenas coles xa existentes. A colleita realizarase cando as coles midan uns dous centímetros e medio.

Manter o solo con humidade constante.

 

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 

Necesita terras soltas e mullidas xa que o seu sistema radicular é superficial. Agradece unha boa cobertura.

 

 

FERTILIZACIÓN 

 Podemos preparar a terra na primaveira engadindo unha boa cantidade de compost. Un exceso de abonado pode facer medrar moito as follas en detrimento das pequenas coles. Como todas as coles precisa importantes cantidades de boro que, polo xeral, escasea en terras moi ácidas.
Precisa pouco Nitróxeno, pero bastante P e K (pensade nas cinzas).

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Utilizala en rotacións de catro anos.
Non lle gusta compartir espazo cos amorodos, o colinabo e as xudías

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 Unha semente ecolóxica pode durar uns 5 anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..