CABAZA (Cucurbita spp.)

 

Esta hortaliza pódese manter tres ou catro meses despois da colleita, sempre que se manteña intacta, nun lugar fresco e seco e preferentemente co pedúnculo.
Só no caso de cortala debemos colocala na neveira e, mesmo, podemos conxelala (para iso, debemos cortala en anacos ou cubos, fervelos tres minutos, secalos cun pouco de papel e colocalos nunha bolsa de plástico ben pechada e sen aire).

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

Familia: cucurbitáceas
Situación: pleno sol.
Rega: humidade constante
Marco de plantación: 100 x 250 cm
Ciclo: uns dous meses e medio

 

DATOS DE CULTIVO 

 Sementar a uns 2-3 cm de profundidade cando a temperatura do solo supere os 21ºC
Si facedes semilleiros que sexa un mes antes das últimas xeadas
pH óptimo: 5,5 - 6.5
Situalas a pleno sol e nun marco de 50 x 50 cm tendo en conta que despois invadiranno todo e será conveniente dirixilas.
Necesitan bastante nitróxeno e algo menos de P e K
Gustalle estar en compaña do apio, cebola , millo e rabo, máis nunca cas patacas.

Neste importante grupo están dende as cabazas de adorno, á que se utilizan para preparar o cabelo de anxo. Ademáis de ser un nutriente moi sabroso contén importantes cantidades de fibra, vitamina A e caroteno.

Hai que proporcionarlles humidade constante e un bo abonado e, nos climas fríos, onde as últimas cabazas xa non madurarán, é conveniente cortarlle os brotes terminais para que a planta concentre o seu esforzo na maduración dos froitos xa formados.

As cabazas necesitan, polo menos, un periodo de tres meses sen xeadas, asi que ata a primaveira ou o vran, será necesario esperar para que a terra tamén colla temperatura. Para axudala podemos engadir gran cantidade de compost e cubrir a terra cun plástico negro que axudará a elevar a temperatura do solo, o mesmo tempo que frea as herbas competidoras.

En zonas frías, en semilleiro, unhas tres semanas antes de última xeada, pero en zonas cálidas directamente cando a terra acade unha certa temperatura.

Pódense manter as plantas cubertas para protexelas dos insectos pero, cando aparezan as inflorescencias haberá que destapalas. Sabemos que as cabazaas están maduras cando os talos comezan a secarse e a pel é suficientemente dura como para non poder cortala cunha uña. Esto ten que ser antes da última xeada xa que despois conservarianse peor. Cando as cortedes deixarlle 3-4 cm de rabillo. Antes de gardalas para o inverno é conveniente deixalas secar ao sol uns días. Conservalas en ambiente fresco e lixeirtamente seco.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

 

FERTILIZACIÓN 

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 

CAPACIDADE XERMINATIVA

 As sementes ecolóxicas poden durar 4-5 anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..