APIO (Apium graveolens)

 

Este planta é orixinaria de Europa e do Medio Oriente. O apio é un delicioso vexetal, crocante e con moitas propiedades nutritivas, é recomendado como diurético e depurador do sangue, o que axuda na prevención de diversas enfermidades. É un alimento fresco, delicioso e moi nutritivo e combinable.

 

 

UN POUCO DE HISTORIA 

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

DATOS DE CULTIVO 

 

Familia: umbelíferas
Situación: pleno sol.
Rega: abundante.
Marco de plantación: 30 x 40 cm, a pleno sol
O pH ideal está entre 6 e 7.

Plantar no exterior cando as temperaturas suban dos 13ºC, polo día e desaparezcan as xeadas. Poderemos precalentar a terra, unha semán antes, cun acolchado. Unha vez feito o trasplante convén ter as plantas protexidas cunha cuberta flotante durante un mes.

No exterior sementaranse dende o mes de abril ata ben entrado o verán.
Se suele aporcar para blanquear as pencas, ainda que as súas propiedades máis importantes, como en todas as hortalizas, están nas follas verdes.
Pódese plantar asociada con xudías, cogombros, coles, porros, chícharos, tomates, leitugas e rabos, pero non lle gustan as cenouras, o perixel e máis a chirivía.
Hai que semetalo en semilleiro mes e medio antes das últimas xeadas. Utilizar turba enriquecida con materia orgánica e cubrir lixeiramente con area. As sementes precisan luz para xerminar, por eso hai que enterralas moi pouco e mantelas nunha zona quente; tamén pódense tapar cun plástico que retiraremos cando asomen as primeiras plántulas. Comenzarán a sair o cabo dunha semán. Cando teñán dúas follas definitivas teremos que trasplantalas ao lugar definitivo.
Como é unha planta bianual haberá que deixar algún exemplar para a recollida das sementes.

 

COLLEITA 

 

CHAN 

É moi esixente en nutrientes polo que coidaremos que non lle falte N, P e K.
Gústanlle os solos con moito humus e frescos (entre 16 e 20ºC). 

 

FERTILIZACIÓN 

 Como o apio ten raíces moi pequenas agradecerá un solo rico en materia orgánica e máis si antes do trasplante engadimos unha boa cantidade de compost, mesmo no burato de trasplante. Tamén por ter esas raices tan pequenas teremos que prestar atención as herbas competidoras.

 

POLINIZACIÓN 

 

 

PROBLEMAS

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 Para consumilo ir recollendo os talos laterais. Ten mellor sabor, e conservarase mási tempo, si o regamos o día antes de recollelo.

Contén vitaminas B1, B2, B6 así como numerosos minerais, entre os que destacamos: calcio, cobre, bromo, ferro, magnesio, manganeso, iodo, fósforo, potasio e sodio.
É un dos vexetais máis lixeiros, xa que contén ata un 95% de auga, e polo tanto resulta moi axeitado para os que queiranperder peso. Cada 100 gramos posúen aproximadamente unhas 16 calorías.

Destaca polas súas propiedades antirreumáticas, carminativas, dixestivas e especialmente diuréticas (debido á presenza dos aceites esenciais limoneno e selineno, especialmente nas sementes, e de asparagina nas raíces).

Para unha cura rápida de eliminación de líquidos pode tomar unha infusión de 1,5 gramos de sementes secas, por cunca de auga, inxerindo unhas dúas cuncas diarias. Tamén pode tomar o xugo dos seus talos e follas mesturado cos de cenoria, mazá e limón.

O seu aceite esencial ten propiedades antibacterianas polo que tamén axuda a combater infeccións renais causadas por vitus ou bacterias. Como elimina o ácido úrico é útil para persoas con sobrepeso, así como para os diabéticos, os que teña pedras no ril ou a vesícula, os enfermos reumáticos ou os que teñan gota. Pero non debe ser consumido en grandes cantidades por persoas que teñan algunha afección grave de ril, ou inflamación de vexiga, así como por mulleres embarazadas ás que podería provocar un aborto (debido á presenza de apiina).
Tamén elimina o colesterol se se toma o xugo dunha planta fresca dous ou tres veces ao dia.

Resulta un bo afrodisíaco, para ambos os dous sexos, se toma cru, en ensalada.
En épocas de frío as persoas que teñan sabañones poden calmar as molestias realizando un baño de pés durante 15 minutos, tres veces ao día, nunha decocción realizada con 1/4 de planta por litro, durante unha hora.
Pódese consumir o apio fresco, con perexil, cebola e pemento vermello para abrir o apetito e axudar á dixestión ao incrementar os xugos intestinais e axudar á expulsión de gases sobrantes

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 

 Vai ben con case que todas as hortalizas pero evitaremos as cenouras, perixel e chrivía.

CAPACIDADE XERMINATIVA

 A semente ecolóxica conservarase uns catro anos.

RECOLLIDA DE SEMENTES

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

VOSAS OPINIÓNS

Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..