ACELGA (BETA VULGARIS)

 

A acelga cultívase, principalmente, para consumir as súas follas, aínda que hai quen prefire os tallos. É unha planta bianual que durante o primeiro ano produce follas moi tenras, mentres que no segundo desenvolve un tallo central, que soporta a floración. As follas deste segundo ano son máis duras e amargas.

Existen numerosas variedades, con cores que van desde o verde claro ao escuro, ou con tonalidades avermelladas.

O peciolo da folla coñécese co nome de penca. A penca pode ser ancha ou estreita e con cores que van do branco, ao amarelo ou a vermello.

Tamén poden consumirse al raíces.

Nome científico: Beta vulgaris L. var. cicla L.
Nome en español: acelga, ou bleda.
Nomes noutros idiomas: leaf´s beet, swiss chard (inglés), Mangold (alemán), poirée, bette, blette (francés), bietola da costa (italiano). 


AS SEMENTES DA FUNDACIÓN

A Fundación Galicia Verde, no seu centro de investigación Leboso, produce, mediante cultivo ecolóxico, cinco variedades de acelga.


Folla clara, sen penca
Folla clara, con penca
Folla escura, sen penca
Folla escura, con penca
Con penca vermella

Estas sementes pódelas mercar na nosa tenda "on line": NAMASKAR

UN POUCO DE HISTORIA 


Esta hortaliza é orixinaria da Europa mediterránea e, parece ser, que os especialistas inclínanse por situar a súa orixe en Italia, aínda que tamén se atopa no norte de África. As especies silvestres non son comestibles.

O cultivo das acelgas é moi antigo, da época dos gregos, e fixéronse moi populares na Idade Media. Existen escritos que demostran o seu consumo no século IX AC, en Mesopotamia.

Logo de moitos anos utilizada case exclusivamente para o consumo animal, volve situarse entre as hortalizas máis consumidas, alcanzando o nivel das espinacas,

Segundo o "Ménagier de Paris", o verdadeiro pure de verduras é o puré de acelgas.

As máis coñecidas na actualiade teñen o talo branco e follas verdes máis hainas de cores diferentes: rosadas, vermellas, amarelas e laranxa, configurando un xardín comestible de extraordinaria beleza. Seus talos cociñados ao vapor e aliñados con aceite e un pouco de vinagre resultan deliciosos.

 

 

CARACTERÍSTICAS

 

Familia: Quenopodiaceae. (é da mesma familia que a espinaca.).

Trátase dunha planta bianual. A súa raíz é pivotante, robusta e ben ramificada, polo que logra un bo enraizamiento medio.

O primeiro ano a planta produce numerosas follas, dispostas en roseta sobre un tallo moi curto. As follas teñen a lámina ben desenvolvida e o peciolo ancho e suculento, sendo a parte máis consumida.

Unha vez pasado o frío invernal iníciase a fase reproductiva que se desenvolve ao alargarse o fotoperiodo, producindo un tallo que pode alcanzar ata os dous metros de altura, e un diámetro de entre 3-5 cm, e que nos terminales das súas ramas presenta numerosas inflorescencias.

As súas flores son hermafroditas pero a polinización é principalmente cruzada e anemófila, debido á autoesterilidade por incompatibilidade polínica. Unha vez fertilizada fórmase un froito múltiple que corresponde a 2 ou 3 aquenios uniseminados que permanecen unidos ao periantio.

 

DATOS DE CULTIVO 

 

Sementar cando a temperatura do solo estea por riba dos 10ºC (ata 29ºC)
Entre 13 e 20 mm de profundidade.
Xermina entre 5 e 7 días.

Pódese sementar en semilleiro unha ou dúas semáns antes das derradeiras xeadas para despois trasplantalas ao exterior, cando acaden uns 10 cm.
Tamén se pode facer sementa directa.

A acelga adulta ten un enraizamiento de tipo medio, que pode alcanzar entre 60 e 120 cm., de aí a importancia de afrouxar o bancal en profundidade para permitir o seu pleno desenvolvemento radicular.

Situación: pleno sol ou semisombra.
Esta hortaliza está catalogada como de "estación fría" , sendo a súa temperatura de crecemento óptima entre 15º e 18ºC. Non toleran ben temperaturas superiores a 24ºC. Soportan bastante ben xeadas suaves, salvo preto da madurez.

Rega: moderada e repartida. A escaseza de rego producirá plantas máis amargas

Marco de plantación: Si se van colleitar plantas enteiras plantar a uns 15 cm, pero si queredes colleitar folla a folla separalas a uns 25 cm. Plantar sempre en zig zag.

pH ideal: 6 - 6,8

Ciclo: O período entre sementa e colleita é inferior aos 60 días.

Plantación: todo o ano, segundo a variedade seleccionada. Si plantámola durante a primavera e o verán teremos produción durante o verán e outono. Si queremos ter no inverno plantaremos de outubro a marzo.

Si plantámola en exterior, na primavera, facelo dúas semans logo da última xeada, porque unha exposición moi intensa ao frío podería dar lugar a unha fructificación precoz.

 

COLLEITA 

 

Plántase en semilleros e transplántase cando ten follas duns 10 cm. Hai que protexela do frío, xa que a planta responde espigando rápidamente. Para consumila, iránselle cortando as follas inferiores. Polo xeral resiste ben as xeadas lixeiras tanto do outono como da primaveira. Unha boa cobertura de follas axuda a manter máis elevada a temperatura do solo.

Na colleita podense ir cortando as follas exteriores (cando a planta a cada uns 15-20 cm de altura, respeitando o corazón da planta) ou ben cortar a planta enteira a uns 2-3 cm do solo, o que orixinará a aparición de novas follas.O cortado das follas exteriores realizarase utilizando un coitelo ben afiado, coidando de non danar as follas interiores.

É unha planta bianual, é dicir, que florece no segundo ano, e para obter a semente terémola que deixar na terra durante dous anos.

En zonas frías pódese protexer en túneles para unha mellor hibernación. Amais o recalzo, ou aporcado, das matas favorece o espesor e branqueo das pencas.


Polinización:

As acelgas polinízanse sobretodo polo vento e o seu polen é tan miudo que pode chegar a máis de sete quilómetros. Para conservar a pureza hainas que sementar a varios quilómetros pero tamén pode recurrirse á cubrir varios exemplares para aillalos e impedir a polinización cruzada.

 

CHAN 


Adáptase ben a cualquera tipo de solo, pero prefere os que son moles e ricos en humus, o que fai que sexa idónea para os nosos bancais.

Desenvólvese mellor en chans ligeramente ácidos, cun pH entre 6 e 6,8.

Ainda que é unha planta resistente, non gusta das secas prolongadas nin das xeadas (no inverno convén protexela). Gústalle ter humidade constante, polo que resulta importante unha boa cobertura.

 

FERTILIZACIÓN 


Non esixe moita fertilización, pero dará follas maiores canto máis fertilizada estea polo que, ao tempo que lle imos arrincando as follas, convén ir aporcando a planta e engadíndolle algo de compost maduro e acolchando. Consume pouco N, e algo máis de P e K.

A carencia de magnesio (Mg) adoita producir palidez na follas xa formadas e enrojecimiento nas máis novas.

Si o que escasea é o manganeso (Mn) os bordos das follas se enrrollan cara a dentro.

 

POLINIZACIÓN 


A acelga é anémophile, é dicir que se poliniza fundamentalmente polo vento, aínda que tamén pode ser polinizada por algúns insectos.

O seu polen é tan lixeiro que pode desprazarse máis de seis quilómetros, dato este a ter en conta para evitar polinizacións cruzadas.

Normalmente, salvo que se busque unha pureza extrema, é suficiente separar as diferentes variedades entre medio e un quilómetro.

 

 

PROBLEMAS

 En agricultura ecolóxica debemos ter presente que o máis importante para manter as nosas plantas sas é o equlibrio coa contorna e respectar unhas regras mínimas como regar a pé de planta, respectar e beneficiar aos insectos beneficiosos ou manter unha cobertura activa. 


É propensa ao ataque de limacos e caracois. A súa presenza detectarémola polos regueros mucosos que deixan e, algunhas veces con excrementos.

Se na rega non mollamos a planta, non deberían presentarse problemas de ataques criptogámicos.

Se sufrise algún ataque por pulgóns, cómpre eliminalos por algún dos procedementos descritos noutro apartado.

En caso de calquera alteración nas follas, como amareleo, manchas grises, etc., o mellor é cortalas e queimalas para evitar a propagación do problema, e proceder a corrixir as causas que o orixinaron: exceso de humidade, mollado de follas, ...

Os principais problemas son:

1-   Alacrán ceboleiro.
2-   Araña vermella.
3-   Caracois e limacos.
4-   Cercosporiosis.
5-   Mildeu.
6-   Mosca da remolacha.
7-   Mosca minadora.
8-   Oidio.
9-   Pé negro.
10- Pulgóns.

 

 

APORTACIÓNS NUTRICIONAIS

 

A acelga é unha verdura con cantidades insignificantes de hidratos de carbono, proteínas e graxas, dado que o seu maior peso llo debe ao seu elevado contido en auga. Por iso resulta unha verdura pouco enerxética, aínda que constitúe un alimento rico en nutrientes reguladores, como certas vitaminas, sales minerais e fibra.

É unha especie rica en vitaminas  A, B1, B2, C e K, e tamén ten algo de ferro.

 

ASOCIACIÓNS E ROTACIÓNS 


No ciclo de rotaciones de catro ano, que é o que nós aplicamos, a acelga entraría no terceiro ano.

A acelga que é unha das verduras máis consumidas ten a gran vantaxe de que se asocia ben con case todas as hortalizas, o que nos facilita enormemente a distribución da nosa horta. Mesturala con outras plantas tendo en conta o espazo que ocupará a planta lista para a recolección.

Pódese plantar asociada con case calquera outra hortaliza, pero as que máis lle gustan son os nabos, as cenorias, os ravos, as coles, as leitugas, as legumes e as xudías de mata baixa.

Non lle gusta estar preto das espinacas e da remolacha.

 

CAPACIDADE XERMINATIVA


As sementes ecolóxicas, ben conservadas, duran entre 5 e 6 anos, e nalgúns casos pode chegar aos 10.

 

RECOLLIDA DE SEMENTES


Si plantámolas na primavera, ao chegar o outono arríncanse as plantas. Elimínanse as follas e as raices consérvanse en area húmida mdurante o inverno. Ao chegar a primavera, logo das últimas xeadas, entérranse a nivel de brótelos que estarán saíndo.

Si fai moito sol convén protexelos para que non se sequen.

Ao plantar as raíces faremos unha selección da mellores.

Cando maduren as sementes hai que recolectarlas con coidado pois se desprenden con facilidade e caerían ao chan. Cada semente de acelga ten entre 2 e 6 grans.

 

RECEITAS DE COCIÑA

 

A continuación ofrecémosche unha serie de ligazóns nos que poderás atopar máis de 1000 xeitos diferentes de cociñar as acelgas, para que o fagas ao teu gusto.

 

Receitas de acelgas_1

Receitas de acelgas_2

Receitas de acelgas_3

 

VOSAS OPINIÓNS


Neste apartado queremos colocar as opinións que recibamos sobre esta hortaliza: que vos parece, si gústavos, ou non, si coñecedes algunhas propiedades, como a chaman onde vivides, ou algunha anécdota ,..... calquera cousa que queirades enviarnos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..