@S SOCI@S DA FUNDACIÓN GALICIA VERDE
Serán soci@s todas aquelas persoas que desexen colaborar no mantemento da F.G.V. mediante unha aportación periódica fixa (mensual, trimestral, semetral ou anual).
Os soci@s recibirán información anual (ao peche do exercicio económico) do total das aportacións recibidas así como unha explicación detallada de como foron investidas. Estamos traballando para que as xestións de todas as aportacións recibidas d@s soci@s se realicen exclusivamente a través dunha banca ética.
A relación de soci@s, sen indicación da cantidade aportada, será publicada na páxina web da F.G.V., salvo indicación explicita en contra, caso no que manteremos o anonimato.
Establécese unha cota mensual mínima de 10 €. O importe destas cotas destinarase ao equipamento e mantemento das instalacións da F.G.V., incluida a contratación do persoal necesario para o desenvolvemento das actividades previstas. Darase conta anualmente @s soci@s de todos os gastos realizados.
Para darse de alta como soci@, cómpre enviar o seguinte cuestionario debidamente cuberto:
O envíanos estes datos por correo certificado, a:
En poucos días recibirás no teu domicilio o carné que te acredita como soci@ da Fundación Galicia Verde.
VANTAXES DE SER SOCI@
- Contribuir á dignificación e desenvolvemento do rural.
- Dispoñer de carné de soci@ da Fundación Galicia Verde.
- Recibir o noso boletín informativo periódico.
- Ter prioridade á hora de adquirir as sementes seleccionadas que a F.G.V. incorpore o seu catálogo.
- Desconto dun 30% no importe da súa compra de sementes
- Acceso prioritario aos cursos impartidos pola F.G.V..
- Desconto do 20% na matrícula dos cursos impartidos pola F.G.V.. De interesarlles asistir ao mesmo curso nunha segunda ocasión o desconto sería do 50%.
- Desconto do 15% en todos os artigos ofertados en TendAcción, agás os complementos alimentarios.
- Descontos do 25% en todos os servicios ofertados pola F.G.V., tales como análises de terras, cristalizacións, deseño de explotacións, etc.
- Recepción gratuita das informacións técnicas que edite a FGV
|