logo de la Fundación Galicia Verde
bandera española
POLA SOBERANÍA ALIMENTARIA, SEN TRANSXÉNICOS

entra na nosa tendalogo tienda
accesos a carnet socio
acceso a television rural

ESTEVIA, A DOZURA NATURAL


A estevia, coñecida dende tempos ancestrais polos indíxenas guaraníes co nome de Ka'a He'ë, que significa “herba doce”, é una planta da familia das arteráceas e pertence ao xénero das fanerógamas.

O seu hábitat natural son as rexións semiáridas do cordal Amambay, no Paraguay, onde crece en terreos areosos, pouco fértiles e con boa drenaxe.

Na actualidade emprégase como edulcorante en países como Paraguay, China, Corea ou Xapón, así como en diversos países americanos onde ocupa ata o 50% da cota de mercado, especialmente a partir de descubrirse o efecto nocivo dos edulcorantes artificiais, dos que algúns están baixo sospeita de produciren posibles efectos canceríxenos.

Resulta curioso que países coma os EE.UU. a autoricen unicamente como complemento dietético, e prohiban os seus usos como edulcorante ou aditivo alimentario. Resulta curioso tamén que, dende o ano 2000, a U.E. veña rexeitando a proposta de permitir o seu uso, por existir dúbidas sobre a súa seguridade sanitaria, e iso a pesar de que unha equipa internacional de científicos, liderada por Jan Geuns e Johan Buyse, da Universidade Católica de Leuven (Bélxica), publicara un libro no que se presentan probas da seguridade da estevia. En abril de 2004, esta Universidade organizou un congreso internacional sobre A Seguridade da Estevia, e as conclusións do mesmo demostran a completa seguridade da planta.

No ano 2005, a OMS (Organización Mundial da Saúde) autorizou o seu uso como edulcorante.

A utilización deste edulcorante natural pon ao descuberto o negocio nada ético dos edulcorantes químicos artificiais, tipo aspartame, e podería reducir drasticamente o consumo de medicamentos e insulinas de produción eminentemente transxénica.


Beneficios da dozura da Estevia


É unha substancia 15 veces máis doce có azucre refinado. O seu extracto é rico en esteviósidos (constituídos polo menos por oito glucósidos diterpénicos), e rebaudiósidos.

O glucósido é unha molécula obtida por condensación entre dous monosacáridos, mentres que o terpeno é un lípido derivado do hidrocarburo isopropeno, que é ata 300 veces máis doce cá sacarosa e que, polas súas propiedades toxicolóxicas, se pode incluír na dieta humana.

O esteviósido é inodoro e non fermentable, moi soluble en auga e de sabor doce. Os preparados comerciais (moi caros) poden ter un retrogusto, polo que é máis aconsellable e económico consumir follas tenras que, por riba, teñen máis propiedades medicinais cós estractos purificados.

A diferencia doutros edulcorantes, e posto que non se metaboliza, NON aporta calorías, polo que podemos beneficiarnos do seu sabor doce sen as contraindicacións que outros edulcorantes representan para a saúde.

Investigacións científicas demostran que o consumo de estevia é seguro a longo prazo, inflúe favorablemente nos niveis de glucosa no sangue dos diabéticos e regula a tensión nos hipertensos, entre outras características. Estas cualidades fan que a industria dos edulcorantes dos EE.UU. presione para prohibir o seu uso como aditivo alimentario.

Malia isto, tanto a FAO como a OMS iniciaron os trámites para certificar a inocuidade da planta, como paso previo á súa inclusión no “Codex Alimentarius”.

Para obter os mellores efectos, recoméndaselle á maioría das persoas que tomen 4 follas frescas antes ou durante o almorzo, e outras catro antes ou despois da cea.

Tamén pode consumirse en infusión de follas secas, tomando uns dous gramos (unha culleriña rasa) por infusión, dúas veces ao día.

Cómpre aclarar que a estevia en gotas NON ten propiedades medicinais.

Entre outras propiedades podemos citar que, aplicada como máscara facial produce un alisamento da pel e suaviza as engurras, axudando na cura de varios problemas da pel coma o acne, dermatite ou eccemas.

Tamén parece que poñendo algunhas plantas arredor das froiteiras, mellora sorprendentemente a produción de froitas en árbores de moi baixa ou nula produción.


Situación actual na U.E.


Diversas institucións científicas denuncian que a estevia non sexa autorizada no mercado europeo, e que non se utilice o seu potencial nutritivo e medicinal.

Para máis información, consultade a páxina da “European Stevia Association


Outra referencia imprescindible en España é a fundación creada por Josep Pamiés, que leva anos realizando un labor encomiable en defensa desta e outras plantas útiles para a nosa saúde.


A FUNDACIÓN GALICIA VERDE súmase a estas iniciativas de defensa da estevia que se pode adquirir nas súas instalacións de Leboso – Forcarei (Pontevedra).

Se queres mercar algunha planta cubre o seguinte formulario e indica cando queres recollela:

Nome  
E-mail  
Indica cantidade e recollida  
 


Reprodución da Estevia

A estevia é moi fácil de reproducir, pero convén mercala a través de fontes seguras e reproducila por esquexe, xa que Monsanto sacou ao mercado unha estevia transxénica da que se eliminaron as propiedades curativas, e cabe temer que poida polinizar a planta natural ata dar cabo dela.


Descubre a
ESTEVIA
estevia
A DOZURA NATURAL
CALENDARIO DE CURSOS
logo de conservas amorodo

© Fundación Galicia Verde      Webmaster:Enrique Banet - Namche Films     Traducións ao galego: Mabel Rivera