logo Fundción Galicia Verde
Pola Soberanía alimentaria e as sementes tradicionais.
Sen transxénicos

BRÉCOL (Brassica oleracea)


Familia: crucífera.

Situación: pleno sol, semisombra ou sombra.

Rega: abondosa.

Marco de plantación: 40 x 50 cm

Ciclo: de 8 a dez meses

Unha hortliza que está en alza polas súas virtudes xa que contén unha grande cantidade de sulforafano, que actúa sobre determinados tipos de cánceres, e potentes antioxidantes que axudan a combatir outras enfermidades.

Son similares ás coliflores pero de talos elevados.


Datos de interese:

  • Sementar a 6 mm. de profundidade, e xerminará en 5 ou 6 días, nuha zona cálida.
  • En semilleiro un par de meses antes da última xeada, e no exterior a principos do vran. Se trasplantan cando acadan os 7-8 cm enterrádoas un par de centímetros máis de que estaban.
  • pH óptimo : 6,5 a 7,5
  • A pleno sol, ou semisombra, e rega moderada
  • É esixente de nutrientes, polo que haberá que aportarlle certa cantidade de N, P y K.
  • Salvo con amorodos e as xudías vai ben con case que todos os cultivos, sendo recomendable non xuntala con cultivos da mesma familia

Gustanlle os solos ben abonados, frescos e con humidade constante. Para manter a humidade constante resulta de axuda unha boa cobertura. Como seu talo é elevado convén aporcarlo ben para evitar o efecto do vento.
Non hai que plantalo nin demasiado cedo, nin mantelo con temperaturas baixas xa que en ambos casos a flor sería moi pequena. Cando corte a pella sairán outras maís pequenas, prolongando a fase produtiva da planta. Cando a pella amarillea é que xa está demasiado madura.

Como son plantas muy consumidoras recomiendo rotarlas cada cuatro años.

Para ter outra colleita no outono podese plantar na pimaveira en zonas frescas e no vran en zonas cálidas.


NOTA. O brécol e o brócoli son diferentes, ainda que moi semellantes. O brécol ten un sabor máis intenso e diferencisea do brócoli en que ten brotes de follas que rematan en pequenas pellas. O cultivo é similar para ambos.

As sementes ecolóxicas poden durar 4 anos.

EditRegion5
 
entrada a plantas e sementes
cursos de la fundacion galicia verde
Bote de wheatgrass

CALENDARIO DE CURSOS

© Fundación Galicia Verde      Webmaster:Enrique Banet - Namche Films     Traducións ao galego: Mabel Rivera